Skip to Content

Surfeando as olas

A pasada semana os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria puideron gozar dunha divertidísima mañá grazas aos compañeiros de Patos Surf. O tempo nos compañou con sol e moi boa temperatura para facer unha pequena iniciación ao Surf e xogos na praia. Máis de un descubriu o emocionante desta actividade e a paz que transmite o mar fora das típicas épocas de verán. Grazas por esta súper experiencia!

 



blog | by Dr. Radut