Homenaxe á piragüista Teresa Portela
Hoxe 8 de abril homenaxeamos á piragüista MARÍA TERESA PORTELA RIVAS, unha deportista cunha extensa carreira chea de esforzos e logros.
No colexio colocamos unha placa conmemorativa adicada a ela nun recuncho do noso patio.
O alumnado de Primeiro encargouse de investigar sobre ela e elaborou este vídeo explicativo sobre a figura desta relevante piragüista. Clica na imaxe se queredes visualizalo e agardamos que vos guste!
E moitísimas grazas Teresa por este vídeo cariñoso cara o profesorado e alumnado do centro! (Clica na imaxe para visualizalo)