CHARLA MEDIO AMBIENTAL: "O MONTE É VIDA"
Hoxe, día 10 de decembro de 2021, veu ao cole o axente ambiental, Ricardo do distrito 18 da Consellería de medio rural, e deleitounos cunha charla medio ambiental dirixida ao alumnado de 5º EP e 6º EP.
Faloulles do persoal do distrito forestal, os axentes forestais e as súas funcións. Destacou a súa tarefa cos incendios, tanto en tema de prevención coma de vixilancia e extinción, é dicir, de todas as fases do incendio. Contoulles QUEN É OMONTE, o seu ecosistema e os tipos de bosques.
Os nenos/as puideron rirse cunhas divertidas fotos que serviron para conciencialos de que se observamos a Natureza, ás veces, faranos rir ( rochas en forma de seta, de monxe, de mono, de cocodrilo, de moucho...)
Visualizaron incendios que hai constantemente en Galicia (sobre todo no verán), e quedaron impactados.
Por último, Ricardo nos agasallou con dous libros editado pola Consellería do medio rural, para a biblioteca "O PASTOR DAS LANDRAS", que conta a historia dun pastor que tras unha guerra decidiu sementar o monte.
O MEDIO AMBIENTE É COUSA DE TODOS, TEMOS QUE SER CONSCIENTES!