Onte, domingo día 20 de outubro de 2024, os nenos e nenas, acompañados das súas familias e profes, camiñamos xuntos contra o Cancro. Durante os 5kms que durou a carreira, fixemos unha media de 8.000 pasos para a investigación contra esta enfermidade que nos pode afectar a nós ou aos nosos seres queridos nalgún momento da nosa vida. Segundo a conta oficial da carreira, 4.000 persoas participaron onte nesta proposta solidaria, do cal nos estamos moi orgullosos de formar parte, con máis de 40 participantes da nosa comunidade educativa. Noraboa!