As plantas

   
 

AS PLANTAS

 

Os alumnos de 1º B están a traballar  estes días na unidade 4 do segundo trimestre adicado as plantas.

O primeiro que aprenden é que as plantas son seres vivos pois nacen, alimentanse, medran, reproducense e morren.


Faise a continuación unha comparativa co mundo animal para que comparen as similitudes en canto a cualidade de ser vivo. A continuación estudanse as partes dunha planta como son as raices, o talo ou tronco, ramas, follas flores e froitos.

Logo estudanse os tipos de plantas según o seu talo dividindoas en árbores, arbustos e flores, diferenciando a característica de cada un.

Remataremos a unidade cas hortalizas aprendendo a coñecer as mais utilizadas na nosa alimentación diferenciando a partede cada unha delas que é comestible.

Os recursos empregados serán a lectura comprensiva da unidade "Cada seman un conto", o libro dixital, debuxos esquemáticos das partes dunha planta, fotos de árbores, arbustos e herbas, fotos de diferentes hortalizas comestibles mais utilizadas na nosa alimentación e se é posible un video co crecemento dunha árbore.

 

            

 

 

As plantas

Powered by Drupal - Design by artinet