A PSICOMOTRICIDADE NA E. INFANTIL (3 anos)

A psicomotricidade na educación infantil :  unha sesión  no nivel de 3 anos

  

 

    A aula de psicomotricidade é o lugar donde os nenos/as viven a súa expresividade psicomotriz.  Ésta a manifesta a través de:


- Xogos de reaseguración profunda : equilibrio/desequilibrio, c
onstrucción /destrucción, aparecer/desaparecer…

- Xogos sensoriomotores: andar, correr, saltar, trepar, girar ..

- Xogo simbólico: por medio de xogos tales como disfrazarse ou ser distintos personaxes o grupo amosa  a súa emoción, xestos, postura, mímica, así como o uso do espazo e o tempo.

Todo o anteriormente mencionado o teremos en conta a hora de programar a sesión que imos desenrolar nunha aula de 3 anos.

Partiremos dos contidos da unidade didáctica traballada na aula que trata das costumes, características e modos de vida das tribus indias.    daos de vida das tribus indias. A nosa finalidade é que esta actividade sirva para afianzar as aprendizaxes adquiridas na aula.

 

DRAMATIZACIÓN: REPRESENTACIÓN DUN CAMPAMENTO INDIO

  

1º Caracterización:  os nenos/as píntanse a cara coa axuda da mestra e  imaxinan vestirse as diferentes prendas indias ao mesmo tempo que van dicindo o seu nome.

2º Montamos o noso campamento: os nenos/as axudan a mestra a transportar e colocar diferentes materiais (aros, pivotes, tacos espuma…) que representarán a fogueira, un tótem, unha tipi e unha ponte……

3º Comenzamos a dramatización : 

 O gran xefe manda a toda a tribu que vaian a xantar e a descansar na “tipi”  (recordaremos como son as tipis, e as suas costumes a hora comer, durmir … )Sentados o redor do lume os indios tocan o tambor (pandeiro), cantan e bailan as cancións indias aprendidas.

O día seguinte despois de recoller o campamento os indio adéntranse no bosque para recoller froitos silvestres (camiñan con moito  coidado hacia un lado, hacia outro, a gatas, arrastrándose …para non facer ruido) pero para chegar ao claro do bosque donde se atopan os froitos deben cruzar un río por unha ponte que montaron con cordas (cruzan moi amodiño cun pe diante doutro para non caer ao río), recollen os froitos e fan o mesmo camino de volta ata chegar o campamento.

 

Os indios volven a cantar e bailar (remata así a dramatización) APLAUSO. 

   

Unha vez rematada a dramatización os nenos/as axudarán a mestra a recoller e colocar o material antes de regresar a súa aula.

A PSICOMOTRICIDADE NA E. INFANTIL (3 anos)

Powered by Drupal - Design by artinet