Visita expertas: Charla sobre o corpo humano

             
             
             
     

   

 

     
              
             
       Os pasados días 23 e 30 de xaneiro , os alumnos e alumnas de 1º curso tivemos a visita de dúas nais que viñeron falar dalgúns aspectos do corpo humano. O día 23 Tamara (nai de Alfonso e enfermeira de profesión) deu unha charla sobre primeiros auxilios básicos. Deseguido puxemos en práctica o aprendido, auscultando e facéndolles a reanimación a uns peluches. Tamara agasallounos cunhas luvas, unhas vendas e coa canción da Reanimación. Aquí a tedes !!!!      
     

 

 

 

     
     

 

Ao luns seguinte veu Rosa (nai de Carmen e médica otorrinonaringóloga) a presentarnos o órgano do oído a través dunha maqueta ,coa que nos explicou as partes do mesmo e como chegan as ondas sonoras ao noso cerebro. Ademais de darnos consellos moi importantes sobre o coidado dos oídos,coma por exemplo o perxudicial que pode chegar a ser a utilización de bastonciños de algodón.

     
     

 

 

     
       Ese día tamén tivemos o agasallo dun chaveiro do oído e unhas fichas didácticas que engadiremos ao noso proxecto do Corpo Humano da mesma maneira que faremos coa Canción da Reanimación.      
           
     

 

Se queredes ver todas as fotos deses días , premede na cámara de abaixo.

 

 

     
             

Powered by Drupal - Design by artinet