Valentina Tereshkova

 
     Naceu en  MASLENNIKOVO (Rusia) o  6 de Marzo de  1937.
Foi a primeira muller en viaxar ó espazo tripulando en solitario unha nave espacial.

Dende moi nova, Valentina practicou o depaorte do salto de paracaídas e incluso obtivo o título de instrutora desa especialidade.

Traballadora dunha fábrica téxtil, Valentina sempre estivo atraída pola investigación espacial. Non dubidou en presentarse voluntaria como futura astronáuta, e aínda que non tiña formación , a axencia do espazo soviética decidiu preparala xunto con outras tres mulleres, unha vez que as seleccionaron de entre 400 candidatos.

Tras un duro adestramento , o 16 de xuño de 1963 Tereshkova foi lanzada ó espazo a bordo da nave Vostok 6 que orbitou 48 veces a terrra nunha viaxe espacial que durou 70 horas e 50 minutos. O seu nome durante a misión foi "Chaika", que en galego significa Gaivota. Para o descenso tivo que lanzarse en paracaídas dende 6.000 metros de altura, despois de abnadoar a c´pasula espacial.

Despois de viaxar ó espazo, graduouse en emxenería espacial, para posteriormente recibir un doutorado en enxenería.

Valentina sempre tivo un desexo que nunca puido cumprir: conducir unha locomotora . A pesares da súa idade, está plenamente interesada en viaxar a Marte sen importar que non teña regreso.

   

 



 

  
 
     
 
   

  
      
     
  
      

Powered by Drupal - Design by artinet