ondas de ilusion

           
     

 O pasado martes 29 de maio os alumnos de 4º, tivemos na nosa clase unha charla sobre os animais mariños e o seu entorno. Esta exposición foi exposta por Iolanda, monitora de Rexenerando, S. Cooperativa Galega, a través da mascota "Ameixa Tareixa". Deseguido, Iolanda invitounos a unha excursión para o 15 de xuño con destino á Confraría de Barallobre, Riveira de Maniños e Praia da Bestarruza en Mugardos. Estas actividades están enmarcadas na 2º edición da campaña ONDAS DE ILUSIÓN-ESCOLAS DE MAR , un programa que está dentro das actividades de animación e divulgación do GALP Golfo Ártabro Norte para este ano 2018 .

 

Chegou o venres 15 de xuño, o tempo acompañou e na Confraría de Barallobre esperounos o biólogo mariño Joam Luis Ferreiro para explicarnos moitas cousas, sobre os animais que habitan a nosa ría. Amais fomos á cetárea onde tocamos con emoción un ourizo de mar.

 

 

 

     
             
     

 Deseguido, Joam acompañounos á Riveira de Maniños, para tocar e sentir in situ : algas de diferente tipoloxía, cunchas, cangrexos, e outras especies de flora e fauna mariña.

     
     

 Finalmente visitamos a praia da Bestarruza na Real Vila de Mugardos. Esta praia  abrazada polas árbores, conserva unhas ruinas dunha antiga fábrica de salazón.

Aquí Iolanda a monitora desta xornada propúxonos un xogo de búsqueda de restos de especies mariñas e vexetais.

 

     
     

 SE QUEREDES VER TODAS AS FOTOS DA SAÍDA, PREMEDE NA IMAXE DE ABAIXO

     
             

Powered by Drupal - Design by artinet