VISITA DE HÉCTOR CAJARAVILLE

           
             
     

 O pasado mércores 14 de marzo, visitounos Héctor Cajaraville escritor do libro "Quen dá a quenda?, obra finalista do premio Merlín de Literatura Infantil 2015, e texto a ler este ano, polos alumnos e alumnas de 4º de Primaria. Este libro conta a historia da meiga Divina, muller de vida eterna e de infatigable actividade. A meiga dispón dun consultorio afastado no medio da fraga, onde dá remedios e apócemas a todo aquel que o necesite, tanto persoas coma elementos da natureza ou construídos polo home. Na sala de espera do consultorio, podemos ver unha laranxeira pintada do revés (follas laranxas e froitos verdes), un dicionario ao que se lle escapan as palabras, unha mesa que ten demasiada memoria ou unha bolboreta coas ás despintadas. Todos eles acoden a meiga Divina, coa finalidade de resolver os problemas que tanto os atormentan.

Cajaraville explicounos dunha maneira amena os aspectos máis abraiantes do libro, contestou a todas as nosas preguntas e asinounos os nosos libros.

MOITAS GRAZAS, HÉCTOR!!!!

     
       VELAÍ AS FOTOS DA VISITA      
             
             
             
           
     

SE QUEREDES VER TODAS AS FOTOS DO ACTO, PREMEDE NA IMAXE DE ABAIXO 

 

     
      Héctor Cajaraville na radio Chalana       
           

Powered by Drupal - Design by artinet