VISITA DE MÓNICA RODRÍGUEZ

     
   
     
       
 

O venres, 9 de marzo,acompañounos Mónica Rodríguez, escritora de Literatura Infantil e Xuvenil. Un deses libros escritos é

ALMA Y LA ISLA

polo que obtivo o XIII Premio Anaya de Literatura Infantil e Xuvenil.

O motivo polo que ela acode ao noso centro é que, nós, alumnos de 5º, estivemos traballando ese libro na aula.

Mónica Rodríguez naceu en Oviedo en 1969. Estudou Ciencias Físicas en Oviedo e en Santander.

Reside en Madrid desde 1993, a onde chega para facer un máster de Enerxía Nuclear, e desde 1994 ata 2009 traballou no centro de investigación Ciemat.

E é a partir do ano 2009 cando pide unha excedencia no su traballo para adicarse a escribir, porque como ela nos conta

"tanto a ciencia como a literatura trata de encontrar as respostas, de chegar a verdade, de comprender o mundo"

Nese encontro contounos como se fraguara a novela que estivemos a ler, Alma y la Isla.

A lectura dun artigo sobre Lampedusa, a illa italiana máis próxima a Siria, foi o punto de partida da novela, porque nesa illa existe unha rede que trafica con persoas.

Según nos contou a autora, a "Illa" está inspirada precisamente nesta illa italiana.

Alí chegan moitos inmigrantes coa "falsa" axuda dos traficantes.

 

 
        
 

Alma é a historia dunha nena que chega á illa e é acollida por unha familia de pescadores.

Mónica díxonos que tiña gañas de escribir sobre o tema da inmigración, que se recruou coa guerra de Siria,para tratar de entender e coñecer algo máis do tema.

A ela parécelle moi importante contar esa realidade, para que apreciemos a sorte que temos por vivir onde vivimos.

En verbas dela, o coñecemento proporciónanos a liberdade, e a única maneira de poder cambiar as situacións é coñecéndoas.

Algo que nos deixou a todas e todos abraiados foi cando nos contou que no ano 2017 trataron de chegar ás costas europeas unhas 117.000 persoas,

máis persoas que habitantes ten a nosa cidade e desas, 3000 morreron afogadas no mar. E 300 desas persoas eran nenos e nenas.

Isto só nun ano!!!

Mónica dí que nos acostumamos aos números, pero non debemos esquecer que todas esas persoas tiñan as súas ilusións e os seus soños o mesmo ca todos nós.

 
 

Chegado a este punto, amosounos o seu bolso.

Un bolso moi especial.

 Especial, porque fora realizado con anacos dos salvavidas empregados polos inmigrantes.

Estes bolsos, contounos que se fabricaban en Lesbos, para recadar fondos a así poder axudar

a todas esas persoas que fan esas travesías tan perigosas en busca dunha vida mellor.

Tamén é significativa a ilustración da portada do libro: unha nena que vai nun barco de papel.

Con esta ilustración pretende demostrarnos que, ás veces, o imposible pode ser posible.

Mónica Rodríguez despideuse de nós, asinando os nosos libros e facéndonos un pequeno adianto do que está a escribir.

Deixounos expectantes coa intriga da nova novela.

Oxalá que pronto poidamos disfrutar desa historia e doutras!!

Moitas gracias Mónica por compartir connosco as túas inquedanzas, as túas experiencias e as túas historias!!

 
 

 E como colofón... visita a nosa Radio Chalana.

Alí foi entrevistada por dous alumnos de 5º 

    

Escoitade, escoitade...

 

E xa para rematar, asina no Libro de Radio Chalana...

 
     

Powered by Drupal - Design by artinet