CONMEMORAMOS O DÍA DE ROSALÍA 2018

           
             
     

 Na semana do 19 ao 23 de febreiro os alumnos e alumnas do colexio, traballamos nas nosas aulas a vida e obra da escritora máis representativa das nosas letras, Rosalía de Castro.

Seguindo o Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro,no que invita a toda a comunidade educativa a "Abrir as fiestras", confeccionamos unhas belas e orixinais postais, onde os versos de Rosalía se ilustraban con flores, elaboradas con diferentes técnicas plásticas. As postais rosalianas viaxaron ás ventás das nosas casas .Velaí as nosas creacións.

     
                      
                     
                   
                    
     

E para culminar esta homenaxe a Rosalía...

O ALUMNADO DE 6º FAN UNHA PARODIA E SUBEN A NOSA RADIO CHALANA A NOSA GRANDE ROSALÍA E A SÚA OBRA

Escoitade, escoitade...

 

   

Powered by Drupal - Design by artinet