Saída ás Fragas do Eume

             
             
             
     

 O pasado venres 27 de outubro, os nenos e nenas de 4º de Primaria fixemos un roteiro polas Fragas do Eume. Ao mesmo tempo que desfrutabamos da magnífica paisaxe visual e sonora da fraga, coñecimos moitas plantas da man do monitor e enxeñeiro forestal Segundo. Vimos castiñeiros, carballos, abeleiras, acivros masculinos e acivros femininos, felgos, ademais de especies invasoras coma a acacia negra ou o eucalipto.

Como colofón tivemos unha emocionante sorpresa, pasamos por unha ponte colgante e rematamos nunha "corripa", construción de pedra que servía para gardar castañas, cando éstas constituían un alimento básico para a poboación.

     
       VELAÍ AS FOTOS DA SAÍDA      
     

 

 

 

 

SE QUEREDES VER TODAS AS FOTOS DA EXCURSIÓN, PREMEDE NA IMAXE DE ABAIXO

 

 

     
     

E PARA REMATAR, INVITÁMOSVOS A VER ESTA CÉLEBRE FOTOGRAFÍA DE CHEMA MADOZ QUE PRESENTA Á NATUREZA VISTA COMA UN ESPECTÁCULO.  ISTO FOI O QUE PRESENZAMOS NESTA FERMOSA EXCURSIÓN 

 

     

Powered by Drupal - Design by artinet