HÁBITOS DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE

           
      

 

Os hábitos alimenticios, ademais de ser fundamentais para o desenvolvemento e a saúde das persoas, forman parte do currículo, por iso dende o centro fomentamos unha boa alimentación dende os primeiros anos. É precisamente nesta primeira etapa da vida onde é máis doado acadar e consolidar todo tipo de hábitos, incluídos, por suposto, os relacionados coa alimentación.

Dentro do horario do alumnado de E. Infantil prográmase unha sesión comedor onde, ademais de ser o segmento temporal onde os nenos e nenas toman os alimentos que traen da casa, tamén se traballan multitude de aspectos fundamentais, como son a autonomía, a hixiene, a colaboración, a orde, a limpeza, etc.

Así se organiza unha sesión comedor en 4º e 5º de E. Infantil:

 

   
  Primeiro poñemos o mantel  O vaso, a comida e a servilleta. Pelamos a froita se é necesario Merendamos todos xuntos  
           
  En 6º de E. Infantil os alimentos de media mañá xa os toman no patio, sentados tranquilamente cos amigos da aula. Cando rematan comeza o recreo. O feito de comer todos xuntos desenvolve hábitos sociais e axúdalles a introducir alimentos novos.    
                
           
 

Dende o Departamento de Convivencia tamén se fomenta a alimentación saudable, por iso, dende hai xa varios cursos temos establecido que un día á semana os alimentos de media mañá será un día froita e outro día un bocadillo. A colaboración das familias é fundamental e imprescindible para levar a cabo estas iniciativas e para que desde pequenos se afagan a todo tipo de sabores:

 
 

O XOVES FROITA

O VENRES BOCATA

 
         
                
 
  A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP ISAAC PERAL POR UNHA ALIMENTACIÓN SANA E VARIADA  
     
  Para acceder á totalidade das fotos premer aquí  

Powered by Drupal - Design by artinet