Blog EDLG

LIBRO DA AUGA

Tagged:

OS NENOS E NENAS DO COLE ILLA VERDE E OS SEUS PROFES FIXEMOS UN LIBRO SOBRE A AUGA.

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O DÍA 25 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Tagged:

PARA CELEBRAR O SAMAÍN OS ALUMNOS/AS TROUXERON CABAZAS DECORADAS COA AXUDA DAS SÚAS FAMILIAS.

MOTAS GRAZAS A TODOS/AS POLA VOSA AXUDA E COLABORACIÓN!!!

ENTROIDO

Tagged:

O ENTROIDO

Achégase o Entroido, unha das nosas épocas preferidas do ano. Comezamos cos mandados do MECO:

 

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Tagged:

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Para conmemorar o día da muller e da nena na ciencia, fixemos un libro coas científicas sobre as que traballou cada aula.

 

 

 

 

Ademáis as nenas de infantil, cóntannos que queren ser de maiores

 

 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Tagged:

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

O 30 de xaneiro, conmemórase o Día escolar da non violencia e da paz. O equipo de Educación Infantil, decideu crear as pulseras da amizade que os nenos e nenas regalaron aos seus compañeiros e compañeiras.

 

Así mesmo, decoramos o noso cole así de bonito:

 

Aquí tedes o vídeo dos nenos e nenas de Educación Infantil, interpretando a canción de Paco Nogueiras: "Apertas que voan".

 

NADAL

Tagged:

 CHEGA O NADAL

 

Achégase o Nadal, e con el as tan ansiadas vacacións. É unha época de ilusión, de alegría, polo que así quixemos deixar o noso cole antes de irnos de vacacións. Moitas grazas a todas as familias que colaboraron en facer que o noso cole esté tan bonito!!

 

Para despedir o primeiro trimestre e o ano 2021, contamos coa presenza da Coral que nos animou o último día de cole :)

 

Deixámosvos a nosa felicitación de Nadal. 

 

 


NADAL21 


25 NOVEMBRO

Tagged:

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de Novembro, conmemoramos o día contra a violencia de Xénero, decoramos o centro con mans que recollen palabras e mensaxes contra a violencia. 

Así nos quedaron:

 

 

Así quedou o vídeo feito polo Equipo de Biblioteca:

 

 

OUTONO

Tagged:

OUTONO 2021

 

Chegou o Outono e con el no cole celebramos un montón de conmemoracións e actividades, porque a paisaxe de OUTONO é MÁXICA, e fai que nos dé pé a voar a nosa imaxinación. 

As familias axudáronnos a decorar o cole empregando materiais que atopamos na natureza e no noso contorno, quedou ASÍ DE FERMOSOOO!!

SODES UNS E UNHAS ARTISTAASS!!

 

O SAMAÍN

Tamén celebramos o SAMAÍN, tradicionalmente, na cultura celta, celebrábase o Samaín para marcar o fin da colleita de outono e o comezo do inverno ou metade escura do ano. Para celebrala no cole disfrazámonos, e as familias trouxéronnos unhas cabazas TERRORÍFICAS! O cole daba MOITO MEDO!

 

 

 

 

 
 
O MAGOSTO

 

Tamén celebramos o MAGOSTO, os castañeiros especiais do Illa Verde ensináronnos como se asan as castañas, para despois comelas na clase. COMEMOS A FARTAR!!

 

 

 

 
 O OUTONO É UNHA DAS NOSAS ESTACIÓNS FAVORITAS

 

 

 

Distribuir contido