Blog EDLG
OUTONO
Enviado por monica o Lun, 2022-02-21 12:11OUTONO 2021
Chegou o Outono e con el no cole celebramos un montón de conmemoracións e actividades, porque a paisaxe de OUTONO é MÁXICA, e fai que nos dé pé a voar a nosa imaxinación.
As familias axudáronnos a decorar o cole empregando materiais que atopamos na natureza e no noso contorno, quedou ASÍ DE FERMOSOOO!!
SODES UNS E UNHAS ARTISTAASS!!
O SAMAÍN
Tamén celebramos o SAMAÍN, tradicionalmente, na cultura celta, celebrábase o Samaín para marcar o fin da colleita de outono e o comezo do inverno ou metade escura do ano. Para celebrala no cole disfrazámonos, e as familias trouxéronnos unhas cabazas TERRORÍFICAS! O cole daba MOITO MEDO!
Tamén celebramos o MAGOSTO, os castañeiros especiais do Illa Verde ensináronnos como se asan as castañas, para despois comelas na clase. COMEMOS A FARTAR!!
O LIBRO DAS EMOCIÓNS
AQUÍ TEMOS O LIBRO DAS EMOCIÓNS QUE REALIZARON TODOS OS NENOS/AS DO CEIP ILLA VERDE. NORABOA POLO VOSO TRABALLO!!!
https://drive.google.com/file/d/1bcfzbrxT2POKlyuhmKoRHVxt_jmqCqWn/view?u...
CHEGOU O ENTROIDO!!!
CHEGOU O ENTROIDO!!!
NO SEGUINTE ENLACE PODEDES VER OS MANDADOS DO MECO PARA ESTA SEMANA DE ENTROIDO.
Día da Paz
Bienvenidos ao Blog do EDLG do CEIP Illa Verde.
Comezamos coa celebración do Día da Paz o proximo 30 de Xaneiro. Para iso cantaremos a canción "Chea de Vida", interpretada por Guadi Galego do seu disco Lúas de Outubro e Agosto ( 2014). Adxuntamos a letra da canción. |
https://www.youtube.com/watch?v=6K8imYXul4c