LISTA ALUMNOS ADMITIDOS FONDO LIBROS de 3º-4º Primaria

 

Informamos que xa está dispoñible a Lista definitiva de alumnos admitidos PARA O PRÉSTAMOS DE LIBROS DE 3º E 4º DE PRIMARIA.

PREME  NO ARQUIVO ADXUNTO.

ANTES DE COMPRAR OS LIBROS, PREGUNTADE NO CENTRO POR SE QUEDA ALGUNHA EXISTENCIA DE LIBROS QUE NOS DONARON A MAIORES DOS REPARTIDOS, A PARTIR DO DÍA 3 DE SETEMBRO.

 

 

LISTA DE LIBROS CUSRO 2019-20

Aquí tedes a lista de libros do curso 2019-20. Preme no arquivo adxunto

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2019

 

Na ORDE do 3 de maio de 2019 regúlase a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20.

FORMATO PDF

 

BENEFICIARIOS

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4ºde educación primaria (empréstito de libros) e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO). Os nosos alumnos de 5º e 6º de Primaria traballan no Progarama E-dxgal (empréstito de ordenadores)

b) Axudas para adquirir libros de texto  (vales) destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.

 

c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en E.Primaria, ESO e EE.

 

PRAZO DE PRESENTACION DAS SOLICITUDES

 

Iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2019.  

Enlace a páxina de Fondolibros. Preme aquí

 

ENQUISA DE CONVIVENCIA 2019

ENQUISA SOBRE CONVIVENCIA ESCOLAR

A Consellería de Cultura, Educación e O.U acaba de poñer en marcha unha enquisa para recoller información sobre a convivencia escolar.

Enlace para obter máis información.

Nos vindeiros días as familias recibirán, a través dos seus fillos, nun sobre pechado, a clave de acceso para poder acceder á aplicación informática on line onde poderán cumprimentar a enquisa. 

Data límite: 30 novembro

Enlace para enquisa das familias. 

Enlace para enquisa alumnado.

Enlace para alumnado con necesidades especiais.

Enlace para o profesorado

Enlace para PAS (Persoal de Administración e Servizos)

Grazas pola súa colaboración.

INFORMACIÓN SOBRE O PROCEDEMENTO PARA A ADMISIÓN DO ALUMNADO 2019-20

 

Información sobre o procedemento para a admisión do alumnado 2019-20

Estimadas familias, en relación á matrícula do alumnado para o vindeiro curso 2019/20 informámolos de que segundo se recolle na orde  do 12 de marzo de 2013, modificada pola orde do 25 de xaneiro de 2017, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación:

·    O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe o modelo normalizado que se publica como Anexo I (ED550A) da presente orde entre os días 1 e 15 de febreiro de cada ano. Tamén se poderá facer esta reserva a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). 

     Para os alumn@s que desexen facer reserva de Educación Infantil premer na seguinte ligazón:

      http://www.edu.xunta.gal/centros/iesillatambo/?q=system/files/Reserva.pdf

 

 

aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

 

Calendario:

 

Reserva de praza

Do 1 ao 15 de febreiro

Listaxes de reserva

Antes do 28 de febreiro

Publicación de vacantes

Antes do 1 de marzo

Presentación de solicitudes de admisión

Do 1 ao 20 de marzo

Presentación de documentación xustificativa

Do 23 de marzo ao 5 de abril

Listaxes provisionais de admitidos e non admitidos

Antes do 25 de abril

Listaxes definitivas

Antes do 15 de maio

Formalización de matrícula

Do 25 de xuño ao 10 de xullo 

Prazo extraordinario de matrícula

Do 1 ao 10 de setembro

 

SOLICITUDES DE RESERVA. MANUAL Preme no título

 

No noso caso, todos aqueles alumnos/as de 6º de Primaria que teñan intención de facer a ESO no IES Martaguisela, deberán presentar no noso colexio o documento de reserva de praza (Anexo I) antes do día 15 de febreiro.

EN CANTO AO ALUMNADO QUE SE ESCOLARIZAN POR PRIMEIRA VEZ: poderán pedir cita para achegarse ao centro

 

 tfno: 988320880-618216612

                                                        Ven a visitarnos !!!!!!!!

 

 

LISTA DEFINITIVO DE ADMITIDOS NO FONDOLIBROS DE 3º E 4º DE PRIMARIA

Adxuntamos Listado de libros de préstamo definitivo dos alumnos de 3º e 4º de primaria para o curso 2018-19.

Premer no arquivo adxunto

LISTA AXUDA LIBROS, MATERIAL DE 1º, 2º, 5º E 6º E LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS NO FONDOLIBROS DE 3º E 4º DE PRIMARIA

AXUDA LIBROS E MATERIAL 1º,2º,5º E 6º DE PRIMARIA

- Adxuntamos lista de admitidos e excluídos nos vales de axuda libros e material. Poderán recoller os vales a partir do día 5 DE SETEMBRO.  Pincha no ficheiro adxunto

 

FONDO LIBROS PRÉSTAMO PARA 3º E 4º DE PRIMARIA

- Adxuntamos lista provisional  de alumnos admitidos para o préstamo de libros de 3º e 4º de Primaria para o curso 2018-19.

 En caso de non estar admitidos, o centro dispón de libros suficientes para facer o préstamo. Consulten no centro a partir do día 5 de setembro en horario de 12 á 13,30 horas. Pincha no ficheiro adxunto.

 OS LIBROS DE 3º E 4º ENTREGARÁNSE NO PRIMEIRO DÍA DE CLASE: DÍA 12 DE SETEMBRO

LISTA DE LIBROS CURSO 2018-19

Adxuntamos pdf coa lista de Libros para o curso 2018-19

PASENIÑO 2018

Aquí tedes o noso Xornal PASENIÑO, onde recollemos as experiencias vividas durante este curso.

Noraboa ao Equipo de Dinamización Lingüistica!!!!

 

 

  Preme na imaxe para ver o xornal

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet