TALLER DE BIBLIOTECA E ANIMACIÓN Á LECTURA |
Estamos a realizar un taller de biblioteca co alumnado de Educación Infantil no que pretendemos simplemente (que non é pouco), que os nosos nenos/as,se acheguen o máxico mundo dos libros, dos contos, as historias...de forma dinámica, divertida,e con moita ilusión. Unha vez a semana, suben a biblioteca donde escoitan un conto, e despois poden manipular, ver, e disfrutar dos contos que temos na sección de Infantil. Ademáis estamos a facer un libriño de fichas onde se recollen todos os contos leídos.
A experiencia é fantástica e superou as expectativas con creces, os nenos/as están desexando subir a biblioteca para escoitar un novo conto, e poder ver os outros,e realizan as actividades relacionadas cos contos cunha motivación enorme.
O GATO LAMBÓN |
Era unha vez unha vella que tiña un gato.O gato era moi lambón e sempre andaba a ver si pillaba algo.Un día, a vella fixo unha pota de papas para o almorzo;pero antes de que as poidese probar, o gato saltou á cociña e comeu as papas, a pota, e a vella...
Que terá o Gato Lambón, que de todos os contos traballados, foi sen dúbida o que máis expectación, máis sorpresa, maiores risas orixinou...en resumo, este é o favorito e non admite discusión algunha.Imaxinade a miña sorpresa cando a semana seguinte entro pola porta da clase e escoito estes comentarios dos nenos/as:
Profe, o Gato Lambón estuvo en mi casa!!!
Profe yo lo vi cuando fui a comprar!!!
Yo estuve con él y me quería comer, pero le dije que a mi no me comiera, y no me comió!!!
El Gato Lambón vino al colegio por la noche a buscarnos porque nos quería comer a todos!!!
Todo este éxito había que aproveitalo así como a demanda dos nenos/as de saber e facer máis cousas do Gato Lambón, e a idea de que visitou o cole pola noite era demasiado boa como para desperdiciala...mirade como acabou todo isto:
Apareceron un montón de pegadas polas escaleiras do cole...
Se as seguimos, van dar á porta da biblioteca!!!
E se abrimos a porta qué atopamos?..
O GATO LAMBÓN!!!!
Feito por todos os nenos/as, faranos compaña durante as visitas á biblioteca.A verdade é que quedou ben bonito, non si?
Recorda, se algunha vez atopas o Gato Lambón...nunca lle preguntes:
Gato, por qué estás tan gordo?...Porque a súa resposta será:
"E agora que estás aquí, voute comer a ti: AAAMMM!"