Información sobre o procedemento para a admisión do alumnado 2019-20
Estimadas familias, en relación á matrícula do alumnado para o vindeiro curso 2019/20 informámolos de que segundo se recolle na orde do 12 de marzo de 2013, modificada pola orde do 25 de xaneiro de 2017, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación:
· O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe o modelo normalizado que se publica como Anexo I (ED550A) da presente orde entre os días 1 e 15 de febreiro de cada ano. Tamén se poderá facer esta reserva a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).
Para os alumn@s que desexen facer reserva de Educación Infantil premer na seguinte ligazón:
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesillatambo/?q=system/files/Reserva.pdf
aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).
Calendario:
Reserva de praza |
Do 1 ao 15 de febreiro |
Listaxes de reserva |
Antes do 28 de febreiro |
Publicación de vacantes |
Antes do 1 de marzo |
Presentación de solicitudes de admisión |
Do 1 ao 20 de marzo |
Presentación de documentación xustificativa |
Do 23 de marzo ao 5 de abril |
Listaxes provisionais de admitidos e non admitidos |
Antes do 25 de abril |
Listaxes definitivas |
Antes do 15 de maio |
Formalización de matrícula |
Do 25 de xuño ao 10 de xullo |
Prazo extraordinario de matrícula |
Do 1 ao 10 de setembro |
SOLICITUDES DE RESERVA. MANUAL Preme no título
No noso caso, todos aqueles alumnos/as de 6º de Primaria que teñan intención de facer a ESO no IES Martaguisela, deberán presentar no noso colexio o documento de reserva de praza (Anexo I) antes do día 15 de febreiro.
EN CANTO AO ALUMNADO QUE SE ESCOLARIZAN POR PRIMEIRA VEZ: poderán pedir cita para achegarse ao centro
tfno: 988320880-618216612
Ven a visitarnos !!!!!!!!