Blogues

NOTA INFORMATIVA

NOTA INFORMATIVA

Informamos que dende esta mañá xa está arranxado o problema co teléfono do centro.

Un saúdo.

NOTA INFORMATIVA

NOTA INFORMATIVA

Informamos que no día de hoxe voltamos a ter problemas coa liña telefónica do centro.

Unha vez avisados os responsables, a última hora da tarde aínda non estaba arranxado o problema polo que calquera comunicación deberá facerse vía correo electrónico. Avisaremos cando o problema esté arranxado por esta mesma vía e vía abalarMobil.

Un saúdo.

FELICES FESTAS

Prezadas familias:

Todo o profesorado do CEIP Gonzalo Torrente Ballester queremos desexar unhas Felices Festas e próspero Aninovo a toda a comunidade educativa, agradecendo a todos a súa colaboración nestes momentos tan difíciles.

FELICES FESTAS!!!!

NOTAS POR ABALARMOBIL

NOTA INFORMATIVA

As notas da 1ª Av. serán enviadas a traves da aplicación abalarmobil o martes 21 de decembro. Se algunha familia precisa telas en formato papel, pode solicitalo vía titoría.

Un saúdo.

 

NOTA INFORMATIVO

NOTA INFORMATIVA

Comunicamos que xa está arranxado o problema co teléfono.

Lamentamos os problemas que esteincidente puidera ter ocasionado.

NOTA INFORMATIVA

NOTA INFORMATIVA

Comunicamos que desde o pasado xoves temos unha avería coa liña telefónica do centro que afecta tanto ao teléfono como a internet.

Os avisos de comedor foron atendidos sen incidencias.

Desde o momento en que se produxo a incidencia, están avisados os responsables encargados de solucionar o problema pero seguimos agardando a que nolo arranxen. Esperamos ter unha solución no día de hoxe.

Para comunicacións ao centro utilizade o correo electrónico.

En canto teñamos solucionado o problema avisaremos por esta vía.

Lamentamos os posibles problemas que esta situación puidera ocasionarlles.

DÍA 7 NON LECTIVO

Ao amparo do disposto no artigo 7.2 da Orde do 19 de maio de 2021 (DOG Núm.104 do 4 de xuño), a xefatura territorial resolveu autorizar o día 7 de decembro como día non lectivo ao CEIP Gonzalo Torrente Ballester, polo que o próximo martes 7 non haberá clase.

25N

Onte xoves foi 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

No cole non queríamos ser alleos a esta lacra que tanto afecta á nosa sociedade, así que o noso alumnado realizou algunhas actividades de protesta.

Aquí vos deixamos dúas delas.

DATAS VOTACIÓNS PARA AS FAMILIAS PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

Data, hora e lugar da votación das familias para e renovación parcial do Consello Escolar.

Data: luns 22 de novembro.

Hora: de 15:00h a18:00h.

Lugar: biblioteca do centro.

Para consultar toda a información do proceso podedes premer na seguinte presentación.

ERRO SOLICITUDE DE MÁSCARAS

En relación coas instruccións da orde de distribución de máscaras, comunicámoslle o seguinte:

No Anexo I da solicitude publicada no Dieario oficial de Galicia, omitiuse o campo relativo aos datos do alumnado para o que se solicita a axuda.

Tendo en conta o breve prazo para a presentación de solicitudes, pódese inclúir na cabeceira da solicitude.

Un saúdo.

Podedes descargar o Anexo premendo na imaxe:

 

Distribuir contido