Blogues

HORARIO SECRETARÍA

O horario de secretaría entre o 1 e o 8 de setembro

sera de 10:00 a 13:00h.

NOTA INFORMATIVA

 

NOTA INFORMATIVA

ALUMNADO SOLICITANTE SERVIZO COMEDOR CURSO2021-22

Todas as familias solicitantes do servizo de comedor para o curso 2021-22 teñen concedida a praza.

Lembramos que no mes de setembro entre os días 1 e 8 deberán traer cuberto o modelo de autodeclaración.

podedes descargalo premendo na icona.

LISTAXE LIBROS DE TEXTO CURSO 2021-22

Para consultar ou descargar a listaxe de libros de texto para o curso 2021-22, podedes premer na imaxe.

Hai un erro no libro de inglés de 2° de primaria.

NON É O GO!2 Activity Pack, É o Students Book, con ISBN 978-8466826242.

Perdón polas molestias que este erro pudiera causar.

 

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA CURSO 2021-22

O horario de presentación de documentación será o seguinte:

  • Luns 21 e martes 22 de xuño, de  9:40 a 10:20h. e de 16:00 a 17:00h.
  • Do 23 ao 30 de xuño de 10:00 a 13:00h

IV EDICIÓN CONCURSO CANTANDO COAS MANS

Como ben sabedes este ano volvemos a participar na "IV Edición do concurso Cantando coas mans".

Un dos premios aos que optamos é ao premio do público. Deixámosvos un enlace no que están os enlaces dos coles que participan para que votedes a quen máis vos guste.

Nós témolo moi claro!!!!. Animádevos a votar.

INFORMACIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2022-23

En vista da evolución da pandemia mundial provocada pola Covid-19, agardamos que para o próximo curso 2022-23 podamos ir retomando a normalidade. Con tal fin, a ANPA do cole ofertará distintas actividades. Para consultar toda a información, podedes premer nos enlaces da seguinte presentación.

Lembrar que a posibilidade de poder levalas a cabo sempre estarán supeditadas á situación epidemolóxica do momento en que se teñan que poñer en práctica.

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2021

Os pasados días 12 e 13 de maio, celebramos no cole un festival para celebrar o día das Letras Galegas 2021 adicado a Xela Arias.

Celebrouse en dúas quendas para asegurar as distancias de seguridade e manter os grupos estables de convivencia.

Por falta de algunha documentación necesaria para poder publicar as actuacións do alumnado, non puidemos subir á web as magníficas actuacións don nenos e nenas do cole. Unha vez solventados os problemas, aquí tedes os vídeos das actuacións.

Agardamos que vos gusten tanto como a nós. Disfrutade delas.

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL CURSO 2021-21

A continuación podedes consultar a información relativa ás axudas de libros de texto e material escolar premendo nos distintos enlaces.

O prazo de presentación de documentación é ata o próximo 22 de xuño.

As modalidades de presentación da documentación están explicadas na circular.

NOTA ACLARATORIA

NOTA ACLARATORIA

A reserva de comedor e transporte para o curso 2021-22, que se pode entregar ata o día 4 de xuño, é para todo o alumnado matriculado no centro.

Esta reserva afecta ao alumnado usuario no curso 2020-21 e ao alumnado que queira solicitalo para o curso 2021-22. 

O alumnado de nova matrícula deberá solicitalo no oeríodo de formalización entre o 20 e o 30 de xuño.

Distribuir contido