Skip to Content

NOVAS DO CENTRO

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

  • Prazo: do 21 de maio ao 22 de xuño
  • Cita previa: Para a entrega de documentación e calquera acción relacionada con este proceso é necesario pedir cita previa no centro, chamando ao teléfono: 886 111087
  • Resumo da orde do 6 de maio

  

Listaxe definitiva de admitidos e admitidas curso 2021/22

 

Dende hoxe están expostos no taboleiro de anuncios do colexio o listado definitifo de alumnos e alumnas admitidos  para o curso 2021/22

Prazo para a formalización da matrícula:20-30  de xuño.

No mes de Xuño publicaremos na web a relación de documentación a presentar así como se vai a levar a cabo o proceso

Campamento de Verán 2021-ANPA

Achegamos a información que nos trasladou a ANPA do Ceip García Barbón sobre o campamento de verán a desenrolar no centro. Enlazamos o seu blog onde tendes información moi detallada sobre o desenrolo do mesmo datas, horario, tarifas e condicións), o modo de facer a reserva de praza e formas de contacto para resolver dúbidas. 

Lembrade descargar o documento PDF que contén as datas, actividades, horario, tarifas e condicións.

ANPA CEIP García Barbón

Mes da saúde

Este terceiro trimestre inicíamolo cunha conmemoración moi importante, o día da saúde, polo que o 7 de abril, día de dita celebración, todo o cole se volcou a traballar por unha vida máis saudable, consumo de froita facer exercicio... e máis aspectos que os nenos e nenas do cole García Barbón teñen moi claros xa que que coma di o slogan do noso proxecto de centro deste curso “Saúde e Ciencia son tendencia”. E para que a ningún se lle olvide cantámolo a ritmo de rap. Se queredes ver un resumo do traballo tédelo aquí.

 

  

21 días en galego

Este último trimestre, neste curso académico tan diferente, queremos rematalo cunha actividade complementaria moi especial: Amosando o noso cariño pola lingua galega. Todas e todos nos sentimos profundamente orgullosas e orgullosos das nosas praias, dos nosos montes, das nosas vilas e aldeas e, como non: da nosa lingua. Este idioma que nos fai diferentes ao resto. 

Coa finalidade de promover o galego dende o seu emprego en moitas situacións cotiás e, para moitas tarefas diferentes, fixemos unha programación de " 21 días en galego" propondo ao conxunto da comunidade escolar actividades relacionadas coa música, coa lectura, co arte, coa autora homenaxeada no Día das Letras Galegas...

Aproveitamos esta entrada para amosar o noso agradecemento ás persoas que desinteresadamente participarán connosco ao longo deste proxecto. Gardamos os seus nomes no peto para nos sigades no blog (ACCESO A LARENDO NO BARBÓN) e os descubrades facendo este camiño con nós!

 

 

ENQUISA DIAGNOSE CONVIVENCIA 2021

Onte os seus fillos/as levaron unha carta con instrucións  para participar na enquisa de diagnose que nos remitiu a Consellería, que permitiran identificar aspectos a mellorar na xestión da convivencia e da resolución de conflitos nos centros educativos.

É unha enquisa anónima e para acceder a mesma deben introducir a clave suminsitrada na seguinte ligazón (familias). O alumnado de 5º  e 6º tamén pode participar en dita enquisa coa clave que lle foi suministrada acedendo por esta ligazón

A enquisa remata o 29 de abril.

PROXECTO EDUCATIVO

 

  • Liña pedagóxica do centro. Nesta presentación tendes toda a información relativa a nosa liña de actuación no ámbito educativo, social, emocional,… que favorezan o desenrolo integral do noso alumnado

 

 

 

  • O noso día a día, na que podedes ver as diferentes instalacions e actividades que se levan a cabo nas memas   

 

 

 

  • Para resolver dúbidas

 

SECRETARÍA

Teléfono

886111087

(luns-venres: 9:00-14:00)

Correo electrónico

ceip.garcia.barbon@edu.xunta.gal

EQUIPO DIRECTIVO

Teléfono

886111088

Correo electrónico

direccion@garciabarbon.com.es

Días

Luns

Martes

Mércores

Xoves

Venres

Horario

09:00-09:45

13:00-14:00

9:00-09:45

13:00-14:00

9:00-09:45

13:00-14:00

9:00-09:45

13:00-14:00

9:00-09:45

13:00-14:00

 

 

 

 

SEMANA DAS CIENCIAS

Dende o día 8 ao 12 de marzo levaremos a cabo no centro distintas actividades para conmemorar a semana da muller e a nena na ciencia. Estivemos a traballar como auténticas/os científicas/os poñendo en práctica o método científico.

Durante as semanas previas fixemos un traballo de investigación, formulamos hipóteses e finalmente a comprobación por medio da experimentación. 

Ao longo desta semana vamos a disfrutar do traballo feito por todos os compañeiros e compañeiras e poder descubrir os seus experimentos. Queremos invitarvos a que podades visualizar o que fixeron os científicos/as do futuro,  e para iso necesitamos que teñades un lector de códigos QR para  disfrutar de algo fantástico

 

 

Festival de Nadal

 Benqueridas familias

Chegamos ao final do primeiro trimestre. Isto foi posible grazas a implicación de todo  o profesorado, familias, Anpa, persoal de administración e servizos, persoal de limpeza,.... e sobre todo ao noso alumnado. Eles e elas son os que nos deron unha auténtica lección de como hai que facer as cousas e implicación coas regras establecidas.
 
O curso avanzou e chegamos ao momento de preparar o noso festival de Nadal. Todos e todas participamos co mesmo agárimo de sempre, coordinados pola mestra de música, na elaboración dos vídeos musicais.
 
Ainda que non podedes estar connosco físicamente, queremos achegarvos as actuacións dos vosos artistas. Clicade en cada curso que se atopa colgado na árbore de Nadal e disfrutádeo.
 
 
  •  Recomendamos que visitedes o blog da biblioteca, onde atoparedes un vídeo marabilloso  de lecturas recomendadas para estas vacacións  e o blog de dinamización lingüística no que podedes consultar distintas tradicións do nadal en Galicia
  •  A mestra Olalla, nas clases de plástica, enfocou ou Nadal dende a creación de animacións por medio de stop motion e saíron fantásticas películas que podedes disfrutar clicando nos vídeos que aparecen a continuación

 

 
Despedimos este trimestre coa decoración de nadal que nos daba a benvida cada día

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut