Skip to Content

Festival de Nadal

 Benqueridas familias

Chegamos ao final do primeiro trimestre. Isto foi posible grazas a implicación de todo  o profesorado, familias, Anpa, persoal de administración e servizos, persoal de limpeza,.... e sobre todo ao noso alumnado. Eles e elas son os que nos deron unha auténtica lección de como hai que facer as cousas e implicación coas regras establecidas.
 
O curso avanzou e chegamos ao momento de preparar o noso festival de Nadal. Todos e todas participamos co mesmo agárimo de sempre, coordinados pola mestra de música, na elaboración dos vídeos musicais.
 
Ainda que non podedes estar connosco físicamente, queremos achegarvos as actuacións dos vosos artistas. Clicade en cada curso que se atopa colgado na árbore de Nadal e disfrutádeo.
 
 
  •  Recomendamos que visitedes o blog da biblioteca, onde atoparedes un vídeo marabilloso  de lecturas recomendadas para estas vacacións  e o blog de dinamización lingüística no que podedes consultar distintas tradicións do nadal en Galicia
  •  A mestra Olalla, nas clases de plástica, enfocou ou Nadal dende a creación de animacións por medio de stop motion e saíron fantásticas películas que podedes disfrutar clicando nos vídeos que aparecen a continuación

 

 
Despedimos este trimestre coa decoración de nadal que nos daba a benvida cada día

 

 



page | by Dr. Radut