Dende o día 8 ao 12 de marzo levaremos a cabo no centro distintas actividades para conmemorar a semana da muller e a nena na ciencia. Estivemos a traballar como auténticas/os científicas/os poñendo en práctica o método científico.
Durante as semanas previas fixemos un traballo de investigación, formulamos hipóteses e finalmente a comprobación por medio da experimentación.
Ao longo desta semana vamos a disfrutar do traballo feito por todos os compañeiros e compañeiras e poder descubrir os seus experimentos. Queremos invitarvos a que podades visualizar o que fixeron os científicos/as do futuro, e para iso necesitamos que teñades un lector de códigos QR para disfrutar de algo fantástico