Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

5º de EDUCACIÓN INFANTIL

4 anos

TAREFAS LUNS 30 DE MARZO

Empezamos nova semana na casa, e vos deixamos as tarefas que corresponden para o día de hoxe.

En matemáticas os números ata o 10.

En lectoescritura un traballo da primavera.

E hoxe finalizamos con un debuxo do seu amigo ou amiga favorito, que poden facer nun folio en branco. Asegurádevos de que empregan ben a meirande parte do espazo. Polo demais deixade que fagan o debuxo eles sós, e que o coloreen.

Graciñas.

PROGRAMACIÓN 3ª SEMANA

CUADRO DA PROGAMACIÓN DA 3ª SEMANA

DENDE O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Queridas familias,

Dende o Departamento de Orientación queremos informarvos de que tedes á vosa disposición un documento con algunhas pautas e suxestións para traballar cos vosos fillos e fillas, especialmente con aqueles con necesidades específicas de apoio educativo. Podedes atopalo nesta páxina web no apartado de “Orientación”, no adxunto que ten o título Pautas para atender a diversidade.

Así mesmo, contades con numerosos recursos e orientacións máis específicas para o alumnado que recibe apoio educativo por parte dos especialistas de pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe nos apartados correspondentes.

 

Grazas pola vosa colaboración e moito ánimo

TAREFAS VENRES 27 DE MARZO

 Xa chegamos ao último día da semana e vos propoñemos 3 tarefas:

1.- Tedes que buscar pola casa cousas cuxo nome empece pola letra S, escribir o seu nome e poñer unha imaxe ou debuxo no óvalo que sinala a súa frecha.

 

2.- Voltamos a xogar coas roupas do 10 xa que é moi positivo que coñezan os seus complementarios. De feito sería estupendo que xogasen moitas veces ata que o asimilen ben.

 

3.- Vamos a darlle outra voltiña aos Xogos Olímpicos, tràtase da mesma tarefa que o mércores , pero esta vez  consiste en buscar un deporte grupal ou colectivo  escribir o seu nome, escribir unha breve explicación  e pegar unha imaxe ou debuxo do mesmo.

 

Como vedes tivemos un pequeno cambio na planificación das tarefas de matemáticas e cambiamos as tarefas do xoves e do venres, foi por un despiste noso. Disculpade este erro e os que poidamos ter.

TAREFAS XOVES 26 DE MARZO

Para as tarefas de hoxe tedes que escoller un conto bonito, que vos pareza  motivador  e lelo cos nenos/as .

 Se tedes un conto escrito con letras maiúsculas  podedes facer unha lectura compartida e que o neno ou nena participe na medida das súas posibilidades;  ben lendo algunha palabra polo medio do conto (séndolles máis sinxelas as de dúas sílabas e  sen trabadas), unha frase, ou un pedaciño de texto.

Se o conto está escrito en minúsculas  contádellelo vós.

Despois falar un pouco do conto asegurándovos  de que o comprenderon, facéndolles preguntas .

E por último realizar a tarefa..

 

En  todo sobre o número as instrucións son as mesmas que as do martes. O número protagonista da ficha será o que saia ao tirar o dado.  Como houbo nenos que cubriron a ficha do martes tendo como protagonista o 10, si queredes podedes usar dous dados, pero tedes que ter en conta que o número protagonista non pode ser maior de 10 xa que a casiña está preparada para ser completada como moito cós complementários do 10.

 

A última tarefa deixámola ao voso criterio, para que segundo as posibilidades de material que teñades na casa fagades cós nenos/as unha manualidade.

Seguro que rolos de papel hixiénico tedes, porque alguén os tivo que levar dos supermercados!!!!

A ver con que nos sorprendedes!!!! Aceptamos fotos.

 

TAREFAS MÉRCORES 25 DE MARZO

 Explicación da ficha os deportes:

Malia que acabamos de coñecer o aprazamento dos Xogos Olimpicos de Tokio ata o 2021 decidimos continuar un pouco co proxecto.

A tarefa de hoxe consiste en buscar un deporte individual escribir o seu nome, escribir unha breve explicación  e pegar unha imaxe ou debuxo do mesmo.

A nosa idea é facer un libriño con todas as aportacións dos vosos fillos, asi que é importantee que a leven ao cole cando podamos voltar.

TAREFAS MARTES 24 DE MARZO

PARA HOXE MARTES VOS DEIXAMOS UNHA TAREFA SINXELA DE LECTOESCRITURA, RECORDADE EMPREGAR O MÉTODO FONÉTICO COMO AXUDA, E NON O NOME DAS LETRAS.

TAMÉN TEDES UNHA ACTIVIDADE DE LÓXICOMATICA. QUE PODEDES REALIZAR TIRANDO UN DADO E EMPREGANDO COMO NÚMERO PROTAGOSNISTA O QUE MARQUE O DADO, E IR CUBRINDO CADA CASILLA COS DATOS QUE SE PIDEN.

AÍNDA QUE PARA HOXE TAN SÓ A TEÑEN QUE FACER UNHA VEZ ESTA TAREFA PRÉSTASE A QUE A POIDAN REPETIR CANTAS VECES QUEIRAN CAMBIANDO O NÚMERO E COPIANDO OUTRA VEZ A FICHA.

POR ÚLTIMO, E COMO XA EMPEZOU A PRIMAVERA DEIXAMOSVOS UNHA FICHA RELATIVA A ESTA ÉPOCA PARA QUE A POIDAN COLOREAR. NON VOS OLVIDEDES DE FALAR CON ELES E CON ELAS DESTE FEITO. 

TAREFAS LUNS 23 DE MARZO

Aqui vos deixo algún contiño mais sobre o coronavirus  para que os leades cos nenos/as.Un deles incluso se pode colorear e no outro hai tarefas que podes facer ente todos.

TAREFAS LUNS 23 DE MARZO

ADXUNTASE DOCUMENTACIÓN PARA AS TAREFAS DO LUNS DÍA 23 DE MARZO.

Recordade que sin non tedes impresora podedes facer as tarefas nun folio.

PROGRAMACION 2ª SEMANA

programacion 1ª semana

Distribuir contido


by Dr. Radut