Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

5º de EDUCACIÓN INFANTIL

4 anos

CUMPREANOS MARZO

 

FELICITACIÓNS PARA CUMPREAÑEIROS DE MARZO

TAREFAS MÉRCORES 15 DE ABRIL

Voltamos á rutina dos traballiños na casa e para hoxe vos deixamos unhas tarefas ben sinxeliñas:

 

O super xogo de froita, no que as sílabas das froitas movéronse do seu lugar e agora o seu nome non está correcto. Os nenos teñen que tratar de ordenalas.

 

Conta dedos e une. Trátase de unir as mans co número que representan os seus dedos.

 

E por último unha adiviña para que a aprendan , debuxen a solución e escriban o nome da mesma.

TAREFAS MARTES 14 DE ABRIL

Ola a todos e todas! xa estamos de volta das vacacións confinadas .E nós non paramos de pensar en novas tarefas para vós.

Así que aquí tedes as tarefas de hoxe, esperamos que vos enfrentedes a elas con moitas gañas; aínda que sabemos que mellor era poder facelas na escola, porque nós tamén vós botamos de menos.

Na actividade de robavocales tedes que completar as palabras , porque alguén veu e roubounos as vogais.

Nas figuras xeométricas tedes duas fichas do círculo, nunha tedes que repasar e colorear os círculos e na outra tedes que recortar e pegar no espacio indicado obxectos con forma de círculo.

(Recordade que buscamos figuras planas con forma circular; unha pelota non é unha figura plana ten forma de esfera).Podedes colorear a nena da ficha para que quede máis bonita.

E na terceira tarefa tedes que facer un collage de comidas que tedes que recortar e pegar nun folio de forma un pouco artística.

 

PROGRAMACION SEMANA DEL 13 AL 17 DE ABRIL

RECURSOS EDUCATIVOS DIXITAIS.

Hai algúns recursos dixitais que nos parecen interesantes:

 PUPITRE, da editorial Santillana; ten xogos variados para eles. (Pódese descargar como app gratuita).

 https://santillana.es/apps-familias/

 "El rincón de Luca", con xogos de ABN, para reforzar as matemáticas

 http://www.retomates.es/?idw=tt&idJuego=rinconluca

 Nesta última web os xogos máis apropiados para eles ata o momento serían os amigos do 10, e a táboa do 100 con un pouco de axuda.

 E non vos olvidedes que con xogos como o parchis , a oca, o dominó, o cinquillo, o memori de parellas, o quen e quen ,... tedes un recurso estupendo para que se divirtan  mentres aprenden.

 E descansade, que para iso son vacacións. 

 Pola nosa parte, si hai novidades en relvión a situación actual  xa vos informaremos.

 Vos votaremos  de menos!!!!. Ata a volta!!!

TAREFAS VENRES 3 DE ABRIL

Último día antes das vacacións, e últimas tarefas deste trimestre.

Dende hoxe descansaremos uns días, pero seguiremos pensando en vós,esperando instruccións para a volta e pensando en novas tarefas que vos poidan gustar.

 E para hoxe vos deixamos:

Unha actividade moi faciliña de completar palabras coas vogais.

Un xogo da cadea numérica ata o 20, parecida a do outro día.

E como este mes non celebramos os cumpreanos dos nenos e nenas de marzo pensamos en adicarlles unha pequena homenaxe  dende aqui con un debuxo ben bonito que lles fagades os compañeiros/as.Deixamos a ficha para o debuxo como adxunto.

 

 

TAREFAS XOVES 2 DE ABRIL

PARA HOXE TEDES O SEGUINTE:

O XOGO DO ABECEDARIO, QUE TEN AS INSTRUCCIÓNS NO PROPIO DOCUMENTO.

FOTOGRAFIAMOS AS MATEMÁTICAS, QUE TAMÉN LEVA  A EXPLICACIÓN NO DOCUMENTO.

E  REMATAMOS COS XOGOS OLÍMPICOS, TEDES QUE FACER DE FORMA SIMILAR QUE NAS ANTERIORES FICHAS DOS DEPORTES.

 

QUEREMOS PEDIRVOS QUE GARDEDES TODOS OS TRABALLOS QUE LLES PROPOÑEMOS NUNHA CARPETA OU SIMILAR PARA QUE A POIDAN LEVAR AO COLE CANDO PODAMOS VOLTAR. PORQUE CON ALGÚNS DESTES TRABALLOS QUEREMOS ELABORAR UN LIBRO RECOPILATORIO DALGÚN DOS TEMAS QUE TRATAMOS

(LIBROS MATEMÁTICOS, XOGOS OLÍMPICOS,...)

CANCIÓNS DA ASAMBLEA

Buenos días                      

Dias de la semana   

 

 

 

 

TAREFAS MÉRCORES 1 DE ABRIL

Empezamos abril, e vos deixamos un calendario como o que temos nas asambleas de aula, para que o empreguedes cos nenos/as ao longo de todo o mes. (leva explicación  de como usalo, e suxerencias de xogos  nun documento adxunto) .

Tamén tedes unha fichiña para escribir sobre a primavera.

Repetimos todo sobre o número, para que afiancen ben ese coñecemento, necesario para avanzar noutros contidos.

E por último vos propoñemos a lectura dun conto que teñades por casa e como fin da actividade que busquedes roupas, teas ou os accesorios necesarios para axudar aos nenos e nenas a convertirse nun persoaxe dese conto.

Gustaríanos que nos enviasedes fotos divertidas do resultado da actividade.

TAREFAS MARTES 31 DE MARZO

Vos deixamos as tarefas para hoxe:

Os nenos deben buscar e escribir nomes de animais que empecen por S.

Xogar cos dados na recta numérica e anotar o número correspondente (tedes as instrucións no pé da ficha).

E por último buscar información sobre un deporte de inverno, escribir o seu nome e poñer unha imaxe ou debuxo do mesmo.Tal como fixestes cos anteriores deportes.

Distribuir contido


by Dr. Radut