Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

Información

DÍA DE ROSALÍA. 23 DE FEBREIRO

Novidades da Biblioteca

Tempo de Lecer na Biblioteca

A bilioteca abre as súas portas!

Nos recreos a biblioteca estará sempre aberta para empréstitos e devolucións de libros, consultar información, facer quebracabezas e moitas máis actividades.

Durante este curso os luns, mércores, xoves e venres, tamén estará aberta entre as 16.15 e as 17.15.

Neste horario de tarde soamente se poderá facer devolucións ou empréstitos.

 

NOVIDADES DO MES DE MAIO NA BIBLIOTECA ESCOLAR

NOVIDADES MAIO

Aquí tedes as últimas novidades fichadas neste mes de maio. Como podedes comprobar seguimos adquirindo libros realcionados coa inclusión e para traballar as diferenzas. Tedes modelos de diferentes familias e de diferentes sensibilidades con respecto ao xénero que nos asinaron ao nacer e o xénero co que realmente nos sentimos identificados ou identificadas. Non dúbides pasar no recreo para coñecer esta novidades.

ULTIMAS NOVIDADES DE ABRIL

ULTIMAS NOVIDADES DE ABRIL

Aquí tedes as últimas novidades do mes de abril. Seguimos completando a nosa colección das Primeiras Letras Galegas da serie Os Bolechas. Como podedes comprobar xa está editado o libro dedicado ao autor homenaxeado este ano co motivo das Letras Galegas: Florencio Delgado Gurriarán.

Non dubides en facernos unha visita. Seguimos abertos todos os días durante os recreos e fora dos recreos cando as vosas titoras queiran levarvos.

2ª NOVIDADES DO MES DE ABRIL

RECOMENDACIONS ABRIL 2

 

Aquí tedes máis novidades do mes de abril. Tres clásicos en formato manga. Unha colección para traballar valores. Dous exemplares para coñecer como funciona o corpo feminino. E dúas novas coleccións de cómics para os máis pequenos. 

Agardamosvos na biblioteca todos os recreos. LEMBRA QUE O VENRES CELEBRAREMOS O DÍA DO LIBRO E AGASALLAREMOS AOS NOSOS VISITANTES CUN MARCAPÁXINAS.

NOVIDADES DA BIBLIOTECA MES DE ABRIL . 1º ENTREGA

NOVIDADES abril 1

 

Aquí tedes as primeiras novidades do mes de abril.  Hai dúas colección de cómics.  Outra colección de Max Burbuja, o último personaxe saído da mente do Hematocrítico. Un sobre feminismo, e outro para reflexionar sobre o fío que nos mantén unidos a todos os que queremos e nos queren. Tamén hai dous novos exemplares de Historia en cómic para completar o que xa tiñamos sobre a Prehistoria.

Non o dubides, están agardando por ti na Biblioteca.

ULTIMAS RECOMENDACIÓNS DE MARZO

RECOMENDACIÓNS MARZO 3

 

Aquí tedes as derradeiras recomendacións do mes de marzo. Esta vez son dous libros en formato "lectura fácil" recomendados para terceiro ou cuarto. Nun contanos unha aventura fantástica nun país cheo de reloxos e no outro as aventuras de dous amigos piratas que sempre andan a discutir pero non poden vivir un sen o outro.

Xa temos dispostas un montón de novidades máis para o mes de abril que esta a piques de comezar.

RECOMENDACIÓNS DESTA TERCEIRA SEMANA DE MARZO

Estes son os libros recomendados nesta semana.

Na "Lista de Cumpleaños": Unha rapaza elabora unha lista dos regalos que lle gustaría recibir o día do seu aniversario, so que ningún deles pode mercarse con cartos. Atreveste a descubrir cales son os agasallos que pediu?

En "Ojos Negros": Nun país onde todo o mundo ten os ollos verdes, que sucederá cando nazca un neno con ollos negros? Se queres descubrilo non tes máis que vir pola biblioteca para resolver o misterio.

 

 

 

Recomendacións marzo terceira semana

Distribuir contido


by Dr. Radut