Aquí tedes as primeiras novidades do mes de abril. Hai dúas colección de cómics. Outra colección de Max Burbuja, o último personaxe saído da mente do Hematocrítico. Un sobre feminismo, e outro para reflexionar sobre o fío que nos mantén unidos a todos os que queremos e nos queren. Tamén hai dous novos exemplares de Historia en cómic para completar o que xa tiñamos sobre a Prehistoria.
Non o dubides, están agardando por ti na Biblioteca.