Funcións do Departamento de Orientación

 O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN NO CEIP DE FRIONS

         O Departamento de Orientación do CEIP de Frións creouse no curso 2006/07. Na Circular nº 18/2007, apareceu como novidade que a persoa que exercese a xefatura do D.O. en centros entre 6 e 11 unidades, como é o caso deste centro, realizaría o seu traballo en dous ou máis centros, xa que ningún deles acadaría as suficientes unidades para ter un posto de traballo catalogado, (centro -> 12 unidades). Deste xeito o CEIP de Frións pasou a ter un Departamento de Orientación Compartido (OC), pero no catálogo de orientación non aparece centro co que compartir, polo que a orientadora terá horario completo neste centro.

         NORMATIVA:

  • Decreto 120/98 de 23 de abril (DOG do 27), polo que se regula a orientación educativa e profesional na CCAA de Galicia.

  • Orde do 24 de xullo (DOG do 31) que desenvolve o Decreto anterior e polo que se establece a organización e funcionamento da orientación educativa e profesional na CCAA de Galicia.

  • Circulares anuais: Circular 10/2010 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se dictan instruccións para coordinar as actuacións e establecer as accións prioritarias dos servizos de orientación educativa e profesional na comunidade autónoma de Galicia.

         COMPOSICIÓN:

  • Xefe/a do Dpto. De orientación (mestre, preferentemente con titulación superior relacionada coa especialidade).

  • Profesores/as de PT e AL do centro.

  • Coordinadores de ciclo de Infantil e Primaria.

  • O mestre responsable dos centros incompletos da zona de escolarización (centros adscritos).

    FUNCIÓNS DO DEPARTAMENTO:

  • Valora-las necesidades educativas no ámbito da orientación, e deseñar, desenvolver e avaliar programas específicos de intervención.

  • Elabora-las propostas do Plan de Orientación Académica e do Plan de Acción Titorial.

  • Participar na elaboración, seguemento e avaliación do PEC e do PCC, incidindo nos criterios de carácter organizativo e pedagóxico e nos principios de avaliación formativa e, cando cumpra, na adecuación dos criterios de promoción.

  • Deseñar actuacións encamiñadas á atención temperá e á prevención de dificultades ou problemas de desenvolvemento ou de aprendizaxe, derivadas de condicións desfavorables ou de sobredotación.

  • Participar na avaliación psicopedagóxica e no deseño e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade.

  • Facilitarlle á comunidade educativa os apoios e o asesoramento necesarios para que o alumnado poida afrontar adecuadamente os momentos escolares máis decisivos ou dificultosos.

  • Cooperar cos equipos específicos.

  • Promove-la cooperación entre o centro e as familias.

  • Establecer canles de comunicación cos diferentes servicios ou institucións.

  • Aqueloutras que a Admhnistración Educativa determine no ámbito das súas funcións.

         FUNCIÓNS DO XEFE/A DO DPTO.:

  • Dirixir e coordina-las actividades propias do Dpto.

  • Responsabilizarse da redacción do Plan Anual de Actividades do Dpto., velar polo seu cumprimento e redacta-la memoria final.

  • Representa-lo Dpto na CCP.

  • Convocar e presidi-las reunións ordinarias e extraordinarias do Dpto.

  • Asistir ás reunións convocadas polo Xefe/a do Dpto. de Orientación do Instituto de Secundaria ó que esté adscrito o centro.

  • Velar pola confidencialidade dos documentos.

  • Coordina-la organización dos espacios e instalacións para a orientación, adquisición de material e equipamento específico, velando polo seu uso correcto e conservación.

  • Realiza-las avaliacións psicopedagóxicas (no caso de posui-la titulación necesaria) e asesorar no deseño, desenvolvemento e avaliación de medidas de atención á diversidade, responsabilizándose da elaboración do informe psicopedagóxico.

  • Coordinar, en colaboración co profesorado de apio, a atención do alumnado con necesidades educativas de atención específica.

  • Participar nas sesións de avaliación, con función de asesoramento e apoio ó profesorado, con voz e sen voto.

  • Aqueloutras que a Administración Educativa determine no ámbito das súas funcións.

         ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO:

  • Coordinación dos DO dos Institutos de Secundaria cos dos Centros de Infantil e Primaria da zona de escolarización: elaboración conxunta das liñas xerais do Plan de Orientación Académica e Profesional e do Plan de Acción Titorial.

  • Os membros do DO reuniránse como mínimo unha vez cada trimestre.

  • Os membros do DO con destino no propio centro celebrarán reunións semanais na hora destinada para tal fin no seu horario. A asistencia é obrigatoria.Os centros reservarán no seu orzamento unha cantidade para o funcionamento do DO.

         OBXECTIVOS XERAIS DO DPTO DE ORIENTACIÓN DO CEIP DE FRIONS:

  • Contribuír á personalización da educación, atendendo á toda a diversidade, favorecendo o desenvolvemento das potencialidades de tódo-los alumnos, axustando a resposta educativa ás súas peculiaridades e a óptima integración dos alumnos procedentes do extranxeiro e/ou doutro centro ou localidade.

  • Detecta-las posibles dificultades e deficiencias na aprendizaxe, establecer canles para a recuperación a través de estratexias de intervención, deseño, revisión e/ou modificación de plans de reforzo educativo e asesoramento nas adaptacións curriculares.

  • Deseñar e poñer en práctica accións encamiñadas á identificación temperá de necesidades e a prevención de dificultades na aprendizaxe derivadas de condicións desfavorables, proporcionando apoio psicopedagóxico dacordo ás necesidades particulares dos alumnos/as e propoñendo mediadas encamiñadas a disminuir o absentismo escolar.

  • Contribuír á mellora da convivencia no centro, promovendo a axeitada relación, interrelación e cooperación entre os distintos integrantes da comunidade educativa, especialmente entre profesor-alumno e centro-familias, implicándoas no proceso educativo dos seus fillos/as.

  • Establecer canles de coordinación entre os/as orientadores/as de primaria e de secundaria da zona do Barbanza, co fin de unificar criterios, intercambiar información e facilitar ó tránsito do alumno entre etapas educativas.

  • Revisar as bases da acción titorial no centro, colaborando con todos os sectores implicados na súa aplicación, dinamizando as actividades do Plan de Acción Titorial (PAT) que incidan na dinámica de grupos, a aprendizaxe emocional, na motivación da aprendizaxe, valorando o esforzo e a autonomía no traballo, para optimizar as materias instrumentais do curriculo, na prevención do facaso escolar.

  • Promover a través da Comisión de Coordinación Pedagóxica a revisión dos instrumentos da planificación do centro, asesorando e colaborando na actualización e elaboración dos distintos documentos que integran o PEC , incidindo nos aspectos da avaliación e atención á diversidade.