ENLACES A NORMATIVA VIXENTE

 Marco xeral:

Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación. (LOMLOE)

Calendario escolar:

ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Currículo Educación Infantil:

DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se regula a avaliación e a promoción do alumnado que cursa educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Currículo Educación Primaria:

DECRETO 115/2022, do 15 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se regula a avaliación e a promoción do alumnado que cursa educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

ORDE do 29 de decembro de 2023 pola que se regula o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico na Comunidade Autónoma de Galicia.

Orientación:

Orde do 27 de decembro de 2002 pola que se establecen as condicións e criterios para a escolarización en centros sostidos con fondos públicos do alumnado de ensino non universitario con necesidades educativas especiais.

ORDE do 31 de outubro de 1996 pola que se regula a avaliación psicopedagóxica dos alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais que cursan as ensinanzas de réxime xeral, e se establece o procedemento e os criterios para a realización do ditame de escolarización.

Orde do 28 de outubro de 1996 pola que se regulan as condicións e o procedemento para flexibiliza-la duración do período de escolarización obrigatoria dos alumnos con necesidades educativas especiais asociadas a condicións persoais de sobredotación intelectual.

Protocolos:

Protocolo para a intervención psicoeducativa da dislexia e/ou outras dificultades específicas da aprendizaxe (01/2020).

Protocolo para a atención educativa ao alumnado con altas capacidades intelectuais (09/2019).

Protocolo para a atención educativa ao alumnado con discapacidade auditiva (02/2019).

Protocolo para a atención educativa do alumnado coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual (06/2018).

23 de abril Día do libro

 

23 de abril Día do Libro

 

 

Aproveitando o día do libro, 23 de abril, queremos colaborar dende o C.E.I.P Frei Luis de Granada no fomento da lectura e contribuir á difusión cultural neste emblemático día.

O entroido

 

 

 

ENTROIDO2014-2015

Para a vindeira semana ( do 9 ao 13 de febreiro) estamos a preparar o Entroido na escola....e O Meco está moi atarefado en propoñervos o que temos que traer posto cada día da semana.

O luns, a cabeza debes tapar para non te constipar.

O martes, na solapa unha flor para sentirte mellor.

O mércores, pintadiño/ña has de estar para poder entrar.

O xoves, debes vestir unha prenda divertida e creativa.

E o venres..............para todos xuntos gozar, de variados bichiños e animais, te terás que disfrazar.

 

Deixade voar a vosa imaxinación e feliz Entroido!!!!!

 

Distribuir contido