ADMISIÓN DE ALUMNADO. PROCEDEMENTO DE RESERVA E ADMISIÓN ORDINARIA.

 

Normativa reguladora do procedemento

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2066, do 3 de maio, de educación.

 

 

  • Todo o alumnado poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.

          Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente,indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.

 

  • O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.

 

  •  En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.

 

PROCEDEMENTO DE RESERVA:

 

Para alumnado de 6º de Primaria do noso Centro e o alumnado de EEI “Xela Arias”.

 

Reserva de praza para os centros adscritos no centro de orixe: 15 de xaneiro - 4 de febreiro de 2023.

 

Informamos ás familias do alumnado matriculado en 6º de Primaria que o prazo de reserva de praza para o vindeiro curso no IES “Xograr Afonso Gómez”, (centro ao que estamos adscritos) abrangue desde o 15 de xaneiro ata o 4 de febrero, ambos incluídos. A solicitude (ED550A) presentarase preferiblemente por vía electrónica mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (http://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, http://sede.xunta.gal.

 

Opcionalmente, poderase presentar a solicitude no centro docente.

 

O alumnado da EEI “Xela Arias” deberá formalizar este proceso na súa escola.

 

Anexo I

Anexo I bis

 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN ORDINARIA:

 

Para todo o alumnado de nova incorporación a un Centro: do 1 ao 20 de marzo.

 

A solicitude (ED550B) presentarase preferiblemente por vía electrónica mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (http://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, http://sede.xunta.gal.

 

Opcionalmente, poderase presentar a solicitude no centro docente.

 

 Documentación complementaria:

 

Ø     Fotocopia do DNI do/o alumno/a, libro de familia ou documento acreditativo da idade.

 

Ø     Certificado de escolarización do centro orixe no caso de traslado de centro.

 

*Se é o caso, achegarase documentación xustificativa para a solicitude dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

 

*A solicitude terá que estar asinada por calquera dos titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles. En ambos casos, será necesario presentar xunto coa solicitude de admisión a resolución xudicial correspondente. Agás casos de violencia de xénero.

 

Anexo II

Anexo II bis

 

 *A documentación que se presente en calquera trámite do procedemento deberá ser orixinal ou copia cotexada.

 

 ------------Esta información é de caracter xeral, sen prexuízo do especificado de maneira máis concreta na lexislación anteriormente citada.

AdxuntoTamaño
ANEXO I ED550A.pdf1.23 MB
ANEXO I BIS ED550A.pdf676.3 KB
ANEXO II ADMISIÓN.pdf1.34 MB
02_anexoII_bis.pdf725.79 KB