O valor da puntualidade
A puntualidade, é a disciplina para chegar a tempo a cumprir coas nosas obrigacións. É un indicio da importancia que outorgamos á actividade que imos realizar e do respecto que nos inspiran as persoas que nos esperan. Vivir o valor da puntualidade é unha forma de facerlles aos demais a vida máis agradable, mellora a nosa orde e organización, fundamental para o correcto funcionamento do colexio.
Ser puntual demostra respecto polos demais e o seu tempo, marca as primeiras impresións e é un rasgo de carácter que é importante que inculquemos nos nenos, xa dende moi pequenos. Sen dúbida, xogará un papel importante no seu éxito futuro.
Chegar ao colexio con puntualidade e ben preparados axuda aos nenos para ter éxito nos estudos. Os nenos que chegan a tempo á escola, sen agobios, ben almorzados, que levan o material escolar que van necesitar e os traballos e a tarefa feitos teñen máis seguridade en si mesmos e asisten máis contentos á escola.
Os nenos e sobre todos os pais, deben ser conscientes de que chegar habitualmente tarde ao colexio entorpece o normal ritmo da clase, fai que se deteñan as explicacións, que se interrompan as actividades e que se perda a concentración dos demais que si chegaron á súa hora.
Chegar tarde á escola pode ser moi perturbador para os seus fillos porque os fai sentir incómodos, especialmente cando a lección ten que deterse para que entren na aula. Provoca tensión e incomodidade innecesarios que pode afectalos emocional e socialmente. Tamén é moi perturbador para o profesorado e para os demais alumnos da clase porque os desvía da actividade na que estaban traballando. As investigacións demostran que os nenos con asistencia escolar constante aprenden máis. Para que os nenos se beneficien plenamente das moitas oportunidades de aprendizaxe, a asistencia regular á escola é fundamental. Pode pensar que non ten importancia que o seu fillo só falte uns minutos pola mañá, pero un alumno que chega 10 minutos tarde todos os días, perderá 30 horas de ensino durante o ano. Esa é unha gran cantidade de horas lectivas que non se poden recuperar.
O éxito dun neno na escola e, en última instancia, na vida, depende de ter unha sólida formación académica, que se obtén a través da puntualidade e a asistencia regular á escola. Cando o seu fillo creza e busque un traballo, un aprenderá rapidamente que no mundo laboral necesitanse persoas confiables e responsables para cubrir os postos de traballo. Ser puntual dende unha idade temperá equípaos coas habilidades necesarias para manterse ao día como adultos.
A puntualidade no colexio é unha actitude que se adquire desde os primeiros anos de vida mediante a formación de hábitos na familia.Tamén é un reflexo do respecto que lle demostramos ao tempo dos demais. A puntualidade na escola é un signo de boa educación.
Con todo, nalgúns casos hai persoas que constantemente chegan tarde e xeralmente presentan excusas, por exemplo, "non soou o espertador", "había moito tráfico", "tardamos moito en almorzar"… e isto ocasiona un retraso para todos.
A chegada a tempo ao colexio depende por partes iguais dos nenos e do conxunto da familia. Por suposto, é a familia quen educa aos seus fillos para que colaboren e adquiran a responsabilidade necesaria para chegar a tempo.
Os nenos deben de colaborar na rutina segundo as súas posibilidades: lavarse, vestirse, cepillarse os dentes… e por suposto, non sería mala idea levantarse vinte minutos antes.
Como conseguir que os nenos sexan puntuais:
1.- É necesario que o neno comece a valorar a importancia de facer unha determinada cousa nun tempo determinado.
2.- Crear rutinas: a rutina non só é boa porque axuda ao neno para sentirse seguro. Ademais, axuda a crear hábitos aos nenos.
3.- As persoas aprendemos a partir da experiencia, por iso aínda que os pais manteñan un diálogo constante cos nenos para educarlles en valores, en ocasións han de aprender dos seus propios erros e experimentar eles mesmos que ocorre se son impuntuais.
4.- A puntualidade ensínase aos nenos co exemplo, se os pais adoitan chegar tarde aos sitios, os nenos non valorarán a importancia de chegar a un lugar á hora convida.
5.- Os nenos han de coñecer que as persoas impuntuais van perdendo a credibilidade e o respecto dos demais.