Becas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo
O MEC abriu o prazo de solicitude a becas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo dende o 19 de maio ata o vindeiro 30 de setembro. Pódese acceder á plataforma online para consultar as bases así como para formalizar a solicitude na seguinte ligazón:
acceso ao servizo online |
Beneficiarios:
Poderán solicitar as axudas os alumnos que non superen unha determinada renda e/ou patrimonio familiar e que presenten necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais e que se atopen cursando en centro específico, en unidade de educación especial de centro ordinario ou en centro ordinario que escolarice alumnos que presentan necesidades educativas especiais, algún dos niveis educativos non universitarios.
Así mesmo, poderán solicitar as axudas os alumnos con Trastorno do Espectro Autista e os alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades.
*Para obter o subsidio requirirase ser membro de familia numerosa.