Skip to Content

A nosa biblioteca

Incubación de polos da raza Galiña de Mos.

No noso cole desenvolveuse unha experiencia de incubación de polos da raza Galiña de Mos.

O pasado 3 de novembro trouxéronnos para a nosa biblioteca unha incubadora con 21 ovos e explicáronnos en qué consiste o proceso de incubación. Despois de 21 días que dura este proceso, naceron 5 poliños, aínda que por desgraza, un non sobreviviu.

A día de hoxe os poliños seguen medrando, grazas aos coidados que reciben do noso alumnado e esperando a que os leven ao seus novos fogares.

Foi unha experiencia moi enriquecedora, ata nos trouxeron un galo e unha galiña da mesma raza! 

"MULLER, VIDA E LIBERDADE". 25N

Dende a biblioteca realizamos diferentes talleres e actividades para conmemorar o 25N.

Vídeo realizado polo alumnado de 3º e 4º de Primaria

Realización de pancartas

Obradoiro de pegatinas (2º e 4º de Primaria) 

"MULLER, VIDA E LIBERDADE”.

O pasado 13 de setembro, Mahsa Amini, unha xove iraniana foi golpeada e asasinada a mans da policía, polo simple feito de non levar o velo como marca a lei.

A día de hoxe, Ana Baneira, activista galega, está detida pola Policiía da Moral en Teherán, ao participar nas manifestacións tras a morte de Mahsa.
 
Dende o CEIP Fondo Nois, mostramos o noso apoio e solidariedade ás mulleres de Irán, pedimos a liberación de Ana e continuamos na loita e defensa dos dereitos e lliberdades para rematar coa discriminación de xénero.
 
Hoxe, todas e todos somos MAHSA e ANA!
 
MULLER, VIDA E LIBERDADE!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS 25N.

Dende o equipo de biblioteca propoñémosvos estas interesantes lecturas para conmemorar o 25N "DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER". 

O NOSO COLE

Dende a biblioteca, deixámosvos un vídeo resumen protagonizado polo noso alumnado, no que explican algúns dos proxectos que se realizan no cole. SON UNS ARTISTAS!

EXPOSICIÓN DE CABAZAS 2022.

Durante esta semana celebramos a exposición de cabazas do Samaín, cun gran éxito de participación coma todos os anos. No seguinte vídeo veredes o excelente resultado das creacións realizadas polos nosos alumnos e familia, cheas de creatividade, orixinalidade e humor.

Moitas grazas e parabéns a todos os participantes.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS POLO SAMAÍN.

 

 

Concurso Primavera das Letras.(Real Academia Galega).

Comezamos o curso cunha gran nova: O noso colexio é un dos tres gañadores do concurso Contádenos o voso Día das Letras, de Florencio Delgado Gurriarán, convocado pola Real Academia Galega ao abeiro do proxecto dixital Primavera das Letras

 

PROGRAMA "TAS OU NON TAS" 6

O alumnado de 6º déixannos o derradeiro programa "TA OU NON TAS" deste curso 21-22, falándonos da palabra VRAO. Queremos darlles as grazas por todo o marabilloso traballlo que realizaron durante estos meses e desexarlles moita sorte nesta nova etapa!

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut