Skip to Content

A nosa biblioteca

PROGRAMA "TAS OU NON TAS". Capítulo 3.

O noso alumnado de 6º de Primaria segue protagonizando e editando o programa "TAS OU NON TAS". A continuación podedes ver o Capítulo 3. 

EXPOSICIÓN DE LIBROS 8M. (DÍA DA MULLER)

Dende a biblioteca deixámosvos unha selección de libros sobre mulleres extraordinarias que coa súa traxectoria acadaron logros que cambiaron o mundo.

MARIÑATUR (25 DE FEBREIRO)

AQUÍ A MARIÑA. Programa informativo.

TELECOGULEO presenta....

Programa informativo "AQUÍ A MARIÑA", adicado a MARIÑATUR, no que interveñen o Presidente da Xunta e os alcaldes da nosa zona. Non o perdades!

(Preme na imaxe para ver o programa)

ÚLTIMA HORA. (Hoxe na Voz de Galicia)

ACONTECEMENTO HISTÓRICO: Don Felipe e Dona Letizia presidirán o acto de inauguración de Mariñatur 2022 o vindeiro 25 de febreiro, nas instalación do CEIP Fondo Nois. Os reis virán acompañados doutras autoridades competentes.

(Preme na imaxe para ler o xornal)

MARIÑATUR. (Vídeo promocional)

O vindeiro 25 de febreiro, inaugurarase a I EDICIÓN DE MARIÑATUR nas instalacións do CEIP Fondo Nois.

Estade atentos ás novas.

DÍA DA PAZ 2022.

Con motivo do DÍA DA PAZ, o alumnado realizou diferentes actividades en grupo:

- Murais das mans.

- Manifesto da Paz.

- Canción "Pronuncia a Paz!.

- Solta de pombiñas.

(Destacar nesta última actividade a colaboración de EMILIO VALLE, por prestarnos as súas pombas. Graciñas!)

Podedes ver fotos premendo aquí

Podedes ver un vídeo resumo das citadas actividades, premendo na imaxe.

 

PROGRAMA "TAS OU NON TAS". Capítulo 2.

Aquí vos deixamos o segundo capítulo do programa "TAS OU NON TAS", protagonizado, editado e realizado, única e exclusivamente polo noso alumnado de 6º de Primaria.

Quedou xenial! Parabéns!

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS "DÍA DA PAZ.".

Dende a biblioteca compartimos varias recomendacións lectoras para conmemorar o Día da Paz. Agardamos que sexan de voso interese!

(Podedes premer na imase para descargar o arquivo  en PDF)

DÍA DA PAZ.

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut