O pasado mércores á tarde, o alumnado de cuarto, quinto e sexto recibiu a visita do profesor de plástica na educación secundaria José Luis Carrasco. Con el, o noso alumnado fixo unha retrospectiva de como o ser humano sempre tivo a necesidade de deixar constancia do que estaba vendo, dende as pinturas nas cavernas ata as películas de cine.
José Luis trouxo, ademais, algúns dos inxeniosos aparellos que se usaron nos inicios da séptima arte para crear movementos, así como unha réplica dunha antiga cámara.
Grazas pola visita!