Skip to Content

blogue de biblioteca

Biblio: Creando comic

Continuando coas actividades de comic do terceiro trimestre fíxose na biblioteca unha actividade colaborativa. Mentres 5º e 6º debuxaban as casas para facer un comic do estilo de 13 rue del Percebe, o alumnado de 3º e 4º colleu esas casas para darlles vida.

Biblio: Contacontos

Un clásico na nosa biblioteca: Os contacontos do alumnado de sexto a alumnado de menor idade.

Pasárono en grande maiores e pequenos!

Complementarias: Visita a Outeiro de Rei

Mentres o coro do colexio actuaba no CEIP Laverde Ruíz de Outeiro de Rei, o resto de alumnado foi visitar unha oleira que lles explicou todo o procedemento para transformar a terra en cerámica.

Logo da actuación todo o alumnado xuntouse para visitar Formiga, en San Closio, onde puxeron en valor a zona a través de material de refugallo, e abofé que resulta moi interesante a visita!

(Máis fotos facendo click na imaxe)

Biblio: Pintando soños

Para traballar a banda deseñada o alumnado de cuarto comezou por pintar os seus soños. Unha actividade sen dúbida moi estimulante!

Biblio: Personaxes triangulares na clase de 4 e 5 anos

Na clase de 4 e 5 anos aprendemos a facer pequenos personaxes a partir de triángulos seguindo o exemplo que nos marcaba un libro. O resultado foi espectacular!

Biblio: Día do libro

O 23 de abril celebramos o día do libro e, que mellor maneira de facelo lendo todos xuntos?

Despois do recreo todo o colexio se xuntou a ler no que xa vén sendo unha tradición de varios anos.

Biblio: Creando comics

O alumnado de primeiro foi dos primeiros en probar o novo tema que temos preparado para o vindeiro trimestre: O comic.

A primeira actividade consistiu en crear personaxes de banda deseñada.

Biblio: Visita de Andrés Goteira

O pasado martes 23 de abril recibimos a visita de Andrés Goteira, o novísimo director, montador, técnico... que xa ten unha longametraxe de ficción (Dhogs) e moitos outros proxectos en marcha.

Na visita falou aos cursos de cuarto, quinto e sexto sobre o seu traballo, os premios, e sobre todo a paixón que hai que poñer nos proxectos para que se fagan realidade.

Podedes saber máis sobre Andrés na súa web: https://andresgoteira.com/2/

 

Biblio: Colaboración co IES de Meira

Estamos a traballar a poesía para dous proxectos que temos no terceiro trimestre e un deles é unha colaboración moi especial co IES Pedregal de irimia de Meira. Dese centro de secundaria recibimos unhas poesías que agora estamos traballando no noso colexio. Os primeiros en pasar polo proceso foi o alumnado de cinco anos, aos que podedes ver nas fotografías pintando a Ave Lino. Pronto veredes máis.

Biblio: Seguimos cos martes de cine

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut