Skip to Content

blogue de biblioteca

Biblio: Vídeo do poema de Ave Lino

Para a nosa participación na exposición da Microrrede de Bibliotecas escolares da Mariña "A poesía que sentimos", que se desenvolverá dende hoxe, martes ata o xoves no Salón Multiusos e na entrada da Biblioteca do Concello de Viveiro preparamos, entre outras cousas, este pequeno vídeo das nosas ilustracións ao poema que crearon no IES Pedregal de Irimia de Meira.

Biblio: Vídeo de Antroido

Por fin imos tendo tempo de editar a pequena película que fixemos o día de Antroido no colexio. 

O primeiro vídeo: a rodaxe de Coco.

Biblio: Exposición no CENIMA de Foz

A maior ocupación que tivemos este final de mes pola biblioteca foi a exposición que os centros escolares fan no CENIMA. Na antiga biblioteca preparamos a nosa parte da exposición pintando esta xigantesca caixa, ademais de outras moitas actividades que xa explicamos nesta páxina.

Biblio: Resultado da nosa colaboración co IES Pedregal de Irimia de Meira

Premendo na seguinte ligazón poderedes ver o resultado final da nosa colaboración co IES Pedregal de Irimia (Meira) facendo as ilustracións dun fermoso poema. Non deixedes de velo!

Biblio: Visita de Xosé María López Baño "Tanas"

O pasado día 23 tivemos a sorte de contar na biblioteca coa visita do actor galego de Cangas de Foz Xosé María López Baño "Tanas".

Biblio: Cousas que caen do xornal

Xa temos o resultado final da nosa actividade de recreos na que o alumnado tiña que debuxar as cousas que caína dun xornal que quedaba deitado.

O resultado? Espectacular!

Biblio: Novidades na biblioteca

Varias novidades na nosa biblioteca:

- Unha pequena exposición das últimas adquisicións de banda deseñada para todas as idades

- Un proxecto colaborativo no que o alumnado pode pintar o que queira que pense que lle caeu ao xornal

Biblio: Completamos o 13 rue do Percebe

Foron os cursos de quinto e sexto os encargados de completar as casas que se fixeran previamente seguindo o patrón dos comics de 13 Rue do Percebe.

Biblio: Bosquexos

Terceiro e cuarto curso aprende a bosquexar personaxes e as súas emocións...

Biblio: Personaxes ao grande

Primeiro e segundo estiveron traballando o comic dun xeito moi especial: Creando personaxes a tamaño xigante. Podédelo ver nas fotos que se abren ao premer a imaxe.

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut