3ºA

As meninas

Esta semana iniciamos un proxecto en Plástica sobre as Meninas. Os nenos e nenas chegaron a unha aula transformada no "MUSEO MENINAS" na cal apreciaron diferentes obras e crearon as súas propias.

      

 

Nesta sesión, podían elixir entre diferentes estacións. 

Pintar diferentes meninas:

      

 

Debuxar con pinturas acrílicas unha menina propia:

Debuxar no papel continuo do chan unha menina inspirada nas obras de Canido:

       

 

Construir unha menina a través das pezas dun puzle:

         

Ou crear as súas meninas con plastilina

     

 

SON TOD@S UNS ARTISTAS

 

 

Proxecto SISTEMA SOLAR

A nosa primeira caixa de aprendizaxe sobre o sistema solar

    

Cada equipo comezou a traballar e a resolver os retos das súas caixas de aprendizaxe

               

E rematamos creando unha maqueta do sistema solar por cada equipo. Tendo en conta as características dos planetas e a distancia ao Sol.

               

Seguimos traballando

Para rematar a semana, seguimos traballando e facendo diferentes actividades. Entre elas, as nosas normas de aula que consensuamos entre todos e todas.

Recordamos o que sabemos sobre os seres vivos facendo unha dinámica de Policías e ladróns

Fixemos novos retos matemáticos que nos levaron a resolver misterios.

    

E xogamos ao pasapalabra en lingua galega para aumentar o noso vocabulario.

   

A NOSA PRIMEIRA SEMANA

Boassssss!Sorriso

Esta semana fixemos moitas actividades e dinámicas no noso equipazo. Ademais, xa comezamos e case rematamos todas as fichas de avaliación inicial. 

Recordamos algunhas figuras xeométricas vivenciándoas co noso propio corpo nos equipos cooperativos

      

Tamén traballamos a lingua facendo dictados divertidos. Nesta ocasión, un dictado por relevos.

  

Fixemos algúns retos en equipo, averiguando datos sobre a mestra a través de operacións de cálculo.

E fixemos do noso recuncho da calma, un lugar cada vez máis noso.

Estade atentos e atentas para poder ver os nosos novos proxectos Risa Saúdos!

 

ARRANCANDO NESTA VIAXE

Hoxe seguimos traballando a cohesión do grupo-aula, mentres comezamos a traballar as linguas e as matemáticas con diferentes xogos. Estes son os nomes dos nosos 5 equipos!!!! A VERDADE É QUE SON AUTÉNTICOS EQUIPAZOS.

1º DÍA DE COLE

Hoxe foi un día no que aproveitamos para coñecernos mellor. Entre todos e todas creamos o noso mural puzle, xa que cada neno e nena desta aula é unha peza fundamental no cole.

       

       

CURSO 2024-2025

Benvidas e benvidos ao novo curso escolar. O meu nome é Andrea e serei a mestra titora de 3º A. 

En breves comezamos esta gran aventura na que espero que todos os nenos e nenas se sintan acompañados e comprendidos.

Agárdovos con moitas gañas Sorriso

Powered by Drupal - Design by artinet