PREPARANDO O SAMAIN...

Samaín é unha celebración moi antiga que marca o paso do outono e indica que axiña vai chegar o inverno.

É unha festa que nos gusta moito, polo que estamos adicándolle estes días a maior parte do noso tempo:

  • Traballamos na aula o conto de Corre, corre cabaciña acompañándoo  de moitas actividades, LIM.

  

   

  • Facemos xogos, mandalas de outono.

    

  • Ambientamos os corredores partindo do conto “EL CIRCULO DE MIRÓ QUIERE SER ESQUELETO”. Con este conto coñecemos a Joan Miró e as súas obras “Amencer” e “A bailarina” ao mesmo tempo que traballamos as partes do corpo e sobre todo as emocións.

  

     . Escoitamos contacontos de medo a cargo das familias.

  • Participamos no mural do cole ( co título SAMAÍN POLO MUNDO), cun barrilete que fixemos xunto cos laciños azuis. Mentres en Galicia decoramos cabazas, noutros países seguen outras tradicións, como en Guatemala, que fan voar uns enormes e coloridos barriletes. 

Nós quixemos que fose un barrilete moi terrorífico e cos elementos característicos do noso Samaín e….que bonito nos quedou!

  

 

Non vos esquezades que  para a semana é …..A GRAN FESTA DAS CABAZAS!!!

Powered by Drupal - Design by artinet