BENVIDOS AO COLE DE NOVO

Comezamos unha nova aventura, un curso que seguro será especial con moita ilusión por aprender cousas novas.

Esta semana estivemos a lembrar rutinas, explorando os novos recunchos, os xoguetes…e como non, contando todas as aventuras do verán. Aproveito para comentarvos que temos unha nova compañeira que se chama Delal.

 Así comezamos a semana cunha sorpresa que nos trouxo Maki, a nosa mascota, unha criatura silenciosa!

Vén do país Cala-criter, non lle gustan os ruídos porque lle molesta nos oídos. Gustaríalle facer amigos terrícolas e a nos gustounos moito él, tanto que non nos foi difícil manter a orden na clase...

... todo con tal de telo contento!. Acompañounos toda a semana e estamos seguros que ten mais amigos agachados polo cole….Atoparémolos ?

Irémosvos contando! CLICA NAS IMAXES

 

   

 

Powered by Drupal - Design by artinet