SAÍDA AFUNDACIÓN: festival "imaxinaria"

Hoxe entramos no cole moi contentos e ilusionados , por fin chegou o día !, fomos á nosa primeira excursión en autobús. Iamos ao festival "imaxinaria" de cinema de animación na sede Afundación . De camiño vimos un barco xigante, pasamos un túnel, e algúns vimos un castelo e un parque. Ao chegar fomos nun ascensor moi grande, todos os laciños azuis e vermellos xuntos, sentámonos para ver os tres curtos de animación:

- Gato: tiña unha receita deliciosa "sopa de rato".

- O ganso: un neno quería converterse en futbolista famoso pero chegou ao patio traseiro da súa casa un ganso, e primeiro tiña que xogar un partido contra o ganso.

- Luce e a rocha: Un día cae unha rocha na aldea onde vivía luce, as persoas da aldea non podían saír das súas casas e luce enfádase...

E ao terminar tivemos que votar cal nos gustou máis.

 Portámonos moi ben e pasámolo xenial!!! 

 

Powered by Drupal - Design by artinet