O Día da Paz
O CEIP PLURILINGÜE DA ESPIÑEIRA-ALDÁN FOMENTA A PAZ. SOS PODEMOS FACER POUQUIÑO, XUNTOS PODEMOS FACER MOITO!
Posted Febreiro 3rd, 2017 by davidVideo do cole con motivo do día da Paz
O NOSO COLE FOMENTA A PAZ: SOS PODEMOS FACER POUQUIÑO, XUNTOS PODEMOS FACER MOITO!
Posted Xaneiro 24th, 2017 by davidOBXECTIVO DA XORNADA: Tomar conciencia do valor da paz que non é só a ausencia de guerra senón tamén froito da xustiza e de relacións baseadas no respecto, tolerancia, colaboración mutua e solidariedade.
PEQUENOS XESTOS, GRANDES CAMBIOS!
Cada día imos realizar un xesto e ímolo recordar para que as persoas do noso arredor síntanse mellor.
Luns 23: COMEZAMOS CUN GRAN SORRISO !
Martes 24: TODOS A DARSE APERTAS! QUE BEN SENTA UNHA APERTA!
"Unha simple aperta estremécenos o corazón; danos a benvida e fainos máis levadeira a vida" Anónimo.
Mércores 25: día das "Gabanzas"
Xoves 26:Mensaxes secretas! Hai mensaxes por todo o centro... cada un/unha a coller a que necesite ou queira!
Luns 30 último xesto: axudamos a alguén.
Os xestos ademais de traballalos hai que poñelos en práctica, así que todo o centro traerá alimentos que se cambiarán por un bocata ou por froita.
Os alimentos se entregarán a Cáritas de Aldán.
Pica nas imaxes e nas palabras para ir a un montón de recursos, xogos e cancións da PAZ
RECURSOS PARA A PAZ
Posted Xaneiro 15th, 2016 by davidPAZ, PEACE, PAIX, PACE, SHALOM, FRIEDEN, мир, ειρήνη
SEMINARIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A PAZ
CANCIÓNS PARA O DÍA DA PAZ:
Esta é a danza da esperanza, danza capaz de sementar paz. Ombro con ombro pódese todo. Ombro con ombro pódese todo. Dá un taconazo. Levanta un brazo e con donaire dálle ao cu aire. Colle a orella da túa parella. Faille cóchegas. Ponte en crequenas. Esta é a danza da esperanza, danza capaz de sementar paz.
|
Agora dá un brinco, ou mellor cinco!, e tres palmadas con gargalladas.
Esta é a danza da esperanza, danza capaz de sementar paz.
Logo, ao compás, anda cara atrás, e cara adiante, coma un xigante.
Pinta un momento PAZ no vento. Grita un segundo: “PAZ NO MUNDO”. |
"UNA SOLA VOZ" MACACO
DÍA DA PAZ 2015 NO CEIP ESPIÑEIRA
Posted Febreiro 6th, 2015 by davidESTE É O VIDEO QUE FIXEMOS NO COLE PARA O DÍA DA PAZ. NEL ENCONTRAREDES AS NOSAS RESPOSTAS A PREGUNTA:
QUE PODERIAMOS FACER PARA LEVARNOS MELLOR?
COA CANCIÓN DE PACO NOGUEIRAS DE FONDO "APERTAS QUE VOAN"
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Posted Marzo 7th, 2014 by davidHoxe na biblioteca celebramos o Día Internacional da Muller, e disfrutamos do conto: Arturo e Clementina.
No seguinte enlace podemos ir a un monton de recursos para traballar este día:
30 de Xaneiro Día Escolar pola Paz
Posted Xaneiro 21st, 2014 by david
Cancións:
As cancións que estamos aprendendo para cantar este ano no día da Paz son: "Campás pola paz" do novo libro-disco "Pan de millo" de Migallas Teatro
Soan, soan,
as campás pola paz.
Cada día son máis e máis
os que comigo cantan,
os que coa paz están. (BIS)
Tanto ten ser o primeiro,
o do medio ou do final.
O importante é chegar todos.
É mellor colaborar. (BIS)
RETROUSO: Soan, soan, … (BIS)
E se estás ata as orellas,
con ganas de pelexar,
deixa os couces e as puñadas,
vamos todos a falar. (BIS)
RETROUSO: Soan, soan, … (BIS)
Os maiores fan as guerras,
pero nós queremos paz
e por iso lles berramos:
“Non á guerra e si á paz” (BIS)
RETROUSO: Soan, soan, … (4 VECES)
E a de Macaco:
Picando no título podemos escoitar a canción coa letra para aprendela!
Recursos:
LIMs:
ANA Mª REY: ENTRE TODOS CONSTRUÍMOS A PAZ
Vídeo "Se acabaron las lágrimas" (25 de Novembro-Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero)
Posted Febreiro 15th, 2013 by amarcosDespois de moito traballo de gravación e edición do vídeo, aquí o tedes por fin... non foi nada sinxelo!!
Original Video - More videos at TinyPic
Vídeo para a Paz
Posted Xaneiro 25th, 2013 by davidBelén Velasco comparte con nós un LIM para os máis pequenos sobre a PAZ
Actividades creadas polo CEIP San Tesifón Béjar (Almería) (3º ciclo)
Seminario Galego de Educación para a Paz