O NOSO COLE FOMENTA A PAZ: SOS PODEMOS FACER POUQUIÑO, XUNTOS PODEMOS FACER MOITO!
OBXECTIVO DA XORNADA: Tomar conciencia do valor da paz que non é só a ausencia de guerra senón tamén froito da xustiza e de relacións baseadas no respecto, tolerancia, colaboración mutua e solidariedade.
PEQUENOS XESTOS, GRANDES CAMBIOS!
Cada día imos realizar un xesto e ímolo recordar para que as persoas do noso arredor síntanse mellor.
Luns 23: COMEZAMOS CUN GRAN SORRISO !
Martes 24: TODOS A DARSE APERTAS! QUE BEN SENTA UNHA APERTA!
"Unha simple aperta estremécenos o corazón; danos a benvida e fainos máis levadeira a vida" Anónimo.
Mércores 25: día das "Gabanzas"
Xoves 26:Mensaxes secretas! Hai mensaxes por todo o centro... cada un/unha a coller a que necesite ou queira!
Luns 30 último xesto: axudamos a alguén.
Os xestos ademais de traballalos hai que poñelos en práctica, así que todo o centro traerá alimentos que se cambiarán por un bocata ou por froita.
Os alimentos se entregarán a Cáritas de Aldán.
Pica nas imaxes e nas palabras para ir a un montón de recursos, xogos e cancións da PAZ