Skip to Content

Día Nacional das Linguas de Signos Españolas

 

Prezadas familias:

Hoxe,14 de xuño, celébrase o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas. 

Dende o Escultor Acuña e sendo un referente básico a lingua de signos no noso proxecto educativo, sumámonos a esta conmemoración para seguir impulsando a súa presenza na nosa vida escolar diaria.

  

 

AXUDAS PARA MATERIAL DE EDUCACIÓN INFANTIL E PARA COMEDOR ESCOLAR

Dende o 10 de xuño e ata o 7 de xullo está aberto o prazo para solicitar as axudas municipais para comedor escolar así como para material do alumnado de Educación Infantil (as axudas para libros e material de Primaria corresponden á Consellería). Lembramos que para facer uso do servizo de comedor escolar é preciso ter asignada praza pola ANPA do centro (que xestiona este servizo)

Non é necesario solicitar ningunha documentación no centro.

ACCESO Á CONVOCATORIA, MODELO DE SOLICITUDES E INSTRUCIÓNS (web  do concello)

 

axudas_Concello

 

AXUDAS PARA LIBROS, PROGRAMA FONDOLIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Prezadas familias:

Xa están á vosa disposición as axudas. do vindeiro curso 2021-2022, para libros (1º e 2º de primaria), programa FONDOLIBROS ( para 3º-4º-5º-6º de primaria) e material escolar ( para primaria). Para acceder a toda a información. pregamos fagades "clic" na imaxe. Moitas grazas e moita saúde.

 

 

 

ESTRATEXIA GALEGA DE CONVIVENCIA- ENQUISA 2021-

Ola a todas e a todas:

Como xa foi comunicado pola aplicación "Abalarmobil" está en marcha a edición 2021 da Estratexia Galega de Convivencia. Toda a comunidade educativa ( alumnado de 5º e 6º de primaria, familias, persoal docente e non docente) está invitada a participar na recollida de datos sobre este transcendente aspecto da vida escolar. Agradecemos a vosa participación para ir construindo, entre todos, un modelo de convivencia positiva e onde os conflitos xurdidos se resolvan democrática e satisfactoriamente.

Acceso á Enquisa para o alumnado de 5º e 6º 

 

Acceso á enquisa para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (ANEAE)

enquisa_aneae

 

 

Acceso á Enquisa para as familias

enquisa_familias

 

 

 Acceso á Enquisa para o Equipo Docente

enquisa_profesorado

 

 Acceso á Enquisa para o Persoal non Docente (coidadoras, ILSE, conserxe, administrativos)

enquisa_pas

 

 

MIL ANOS XUNTOS

Rematado o trimestre e cumprido un ano do primeiro confinamento chegou o tempo de avaliar o vivido. E froito desa reflexión colectiva vai este vídeo, unha canción de amor. Con el, como coa exposición Escultores de Soños desta semana, queremos simbolizar as cousas boas que aprendimos este último ano e en especial o valor do agradecemento que hoxe adicamos especialmente ás familias. Non é un aplauso dende o balcón, pero ten o mesmo significado: é a nosa forma única e diversa de expresarnos e acoller, son as diferentes linguas que falamos e aprendemos e a mensaxe que non queremos esquecer, que estamos FELICES DE ESTAR XUNT@S. Noraboa, familias.

mil_anos_xuntos

 

Distribuir contido


by Dr. Radut