Skip to Content

NOVO ALUMNADO: LISTADO DE ADMISIÓN PROVISIONAL

Prezadas familias:

Seguindo o establecido no calendario de admisión de novo alumnado para o curso 2022-2023, xa está á vosa disposición o listado das novas alumnas e novos alumnos admitidos provisionalmente. Pola normativa de protección de datos este listado será exposto, unicamente, nos taboleiros do interior do centro. As persoas interesadas poden tamén contactar coa nosa secretaría (886 120 115) e solicitar a situación dos alumnos e alumnas neste proceso de admisión. Conforme ao artigo 17 do Decreto 13/22 que regula este proceso de admisión, as familias poderán interpoñer reclamación, ante o Consello Escolar do centro, no prazo de cinco (5) días dende a publicación do listado ou a notificación. En todo caso, ante calquera dúbida prégase contactar co centro. Un saúdo cordial do equipo educativo.

Admisión_ 22_23

EXPOSICIÓN DO PROXECTO DE PATIOS DINÁMICOS

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2022- TANXUGUEIRAS

Dende o noso cole e para conmemorar, co gallo do próximo 8 de marzo, a importancia e os dereitos reais das mulleres na nosa sociedade temos escollido este precioso e enxebre homenaxe de "Tanxugueiras" para representala en Lingua de Signos. Sigamos camiñando cara a igualdade.

8M

 

PUBLICACIÓN DE VACANTES PARA O CURSO 2022-2023

Prezadas familias:

Publicamos, neste apartado, as vacantes escolares dispoñibles no noso centro para o vindeiro curso 2022-2023. Lembramos que, segundo o calendario de admisión, a presentación de solicitudes de prazas abrangue do 1 ao 21 do presente mes de marzo. Para consultar calquera cuestión referida ao proceso de admisión, pregamos contactedes coa nosa secretaría ( 886 120 115). Para acceder ao documento, premer na imaxe. Moitas grazas.

NOTA: no apartado anterior "Admisión Alumnado 2022-2023" figura un documento coas datas e o modelo de solicitude a presentar (ED550B).

 

 

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2022-2023: CALENDARIO DE SOLICITUDE DE PRAZA

Prezadas familias:

Neste apartado tedes, á vosa disposición, o calendario de solicitude de prazas e de formalización de novas matrículas para o vindeiro curso 2022-2023. Facer"clic" na imaxe para acceder ao documento. Se tedes algunha dúbida, contactade coa nosa secretaría (886 120 115). Recibide un cordial saúdo.

 

 Admisión_ 22_23

 

 

 

Visita a páxina de Escolas Vigo do Concello de Vigo para coñecer as datas do proceso de Admisión, as Zonas Educativas e as Fichas Informativas de cada centro. (fai clic na imaxe)

 

Escolas_Vigo

 

Distribuir contido


by Dr. Radut