Ola familias:
Como sabedes, xa está en marcha a renovación do noso Consello Escolar. Este órgano colexiado onde están representados os distintos sectores do centro ( familias, profesorado, persoal non docente e Concello) terá o martes. dia 23 de novembro, a súa xornada de votacións. Antes desa data a Xunta Electoral está organizando e supervisando os procesos previos ( censos electorais, prazas a renovar, candidaturas, etc).
Neste momento ( 8 de novembro) publicamos un comunicado informativo e o censo electoral co obxecto de que comprobedes a vosa presenza no mesmo. Tamén tedes á vosa disposición o calendario do proceso e un modelo de candidatura para presentarse ao sector das familias. Para acceder a estes dous últimos documentos, facer "clic" en Adxuntos
Moita sáude e contamos coa vosa participación neste proceso. Grazas