Skip to Content

 

     

   

 

     xogade        

 

EDLG

Equipo de dinamización de lingua Galega

ACTIVIDADES EDLG 2023/24

Un ano máis o equipo de EDLG tratamos de fomentar o uso da lingua galega entre o noso alumnado. Para iso, realizamos actividades nas que teñen que usar o galego, tanto oral como escrito.

Este ano comezamos ditas actividades coa festa o SAMAÍN. No mes de outubro os nenos e nenas disfrutaron da festa do samaín, decoraron cabazas, puxeron pantasmas na biblio, adornaron as aulas, bailaron,... e para rematar degustamos os postres que as familias lles mandaron os nenos/as.

Se queres rememorar ese día preme neste enlace

OS MAIOS

Este ano estamos moi contentos de poder anunciar que por fin celebramos os MAIOS NO NOSO COLEXIO.

Grazas a colaboración de todo o alumnado, do profesorado e das familias conseguimos levar a cabo esta

actividade tan chula.

OS NENOS E NENAS DA CLASE DA PROFE CHARO EXPLÍCANNOS MOI BEN O QUE SON OS MAIOS

https://youtube.com/shorts/mpXMLn0RW00?feature=share

O DÍA DO LIBRO

 

Este ano tamén celebramos o día do libro no noso cole e ,como non, levamos a cabo a CAZA DO TESOURO que tanto lles gusta a os nenos. Celebrouse o longo de toda a semana. Nesta busca do tesouro os nenos e nenas practicaron tanto o galego oral coma o escrito, tiñan que resolver enigmas e adiviñas para poder ir en busca do ansiado tesouro. 

VISITA RAMÓN D. VEIGA

HOXE VISITOUNOS O ESCRITOR RAMÓN D. VEIGA PARA FALARNOS DOS SEUS LIBROS . ESTIVO COS NENOS E NENAS DE 1º E 2º CURSO.

EXPLICOULLES COMO ELABORABA OS SEUS LIBROS E FALOULLES DA SÚA PEQUEÑA AXUDANTA, A SÚA FILLA VIOLETA ( DE AHÍ O LIBRO VIOLETA QUERE SER VAMPIRO) . PARTICIPARON ACTIVAMENTE DURANTE A CHARLA, FACENDO DIFERENTES ACTIVIDADES QUE LLES PROPOÑÍA RAMÓN. TAMÉN LLES CONTOU O CONTO MIÑOCA E COELLO

O ALUMNADO DE 2º FÍXOLLE UNHA ENTREVISTA NA NOSA RADIO ESTRELA. 

8M DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Hoxe conmemoramos o

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

co lema "QUÉREME BEN, QUÉREME MELLOR".

Os nenos e nenas expresaron a forma na que lles gustaría que lles quixeran os seus achegados e , ademáis, analizaron letras de diferentes cancións a favor da muller. Finalmente fíxose un mural de todo este traballo.

 

 

Tamén os máis cativos traballaron este día. 

 

 

 

 

Aquí queda unha selección de contos relacionados coa temática do 8M e que se traballaron nas clases.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut