Skip to Content

 

     

   

 

     xogade        

 

EDLG

Equipo de dinamización de lingua Galega

DIARIO DE VILARIÑO

Esperamos que vos guste o DIARIO DE VILARIÑO

 

 

 

 FELIZ VERÁN A TODOS E TODAS!!!

FESTA FIN DE CURSO

E chegou o día tan esperado polos nenos e nenas do cole: A festa de fin de curso!

Pasárono xenial!!!

Tamén despedimos os rapaces/as de sexto que xa remataron o seu paso polo cole.

Aquí tedes algúns videos das actuacións de 6º e da festa da espuma.

https://drive.google.com/file/d/1MV7zAHqvzSQB_-uoQORYOoXmLKJLK4rA/view?u...

https://drive.google.com/file/d/1nulSghEVkmkXu9eR1VKmAHYuikvd0V-j/view?u...

https://drive.google.com/file/d/1g-y2CWJFSsMfhk0yhcvDCQxEz8jzTGFx/view?u...

https://drive.google.com/file/d/1fhRYJaazAFkApDoEQPKyqI1VaDs19dDu/view?u...

 

LETRAS GALEGAS 2024

Coma todos os anos participamos na actividade ofrecida

pola biblioteca municipal de elaborar un panel sobre a

homenaxeada polo día das LETRAS GALEGAS. Todos

sabemos que este ano estiveron dedicadas a

LUISA VILLALTA GÓMEZ.

 

Da elaboración do panel encargouse o curso de primeiro

coa axuda da profe Marián.

Da actuación musical encargouse o curso de segundo

dirixidos pola mestra de música, Marián.

 

 

O MAIO DE VILARIÑO

n ano máis foron os nenos e nenas de sexto de primaria os

encargados de facer o noso MAIO. Pero non o conseguirían

sen a axuda de todo o alumnado. 

Os nenos e nenas de primeiro foron ao salón de Peña a facer

unha actuación. A actividade foi proposta pola biblioteca

municipal.

 

DÍA DO LIBRO

Para conmemorar a Semana do Libro leváronse a cabo

varias actividades de todo o centro: na entrada había un

mural coa frase: CANDO LEMOS...

 
 
En todas as aulas elaboramos a nosa resposta (con
 
 
palabras, frases, debuxos... que sentimos cando lemos,
 
cando lemos, con quen, que historias nos gustan, etc.) E
 
saíron cousas lindísimas e moi variadas.
 

 
 
 
 
A tradicional actividade da biblio, que tanto éxito ten entre
 
o alumnado, 'Leme, profe', este ano estivo relacionada cos
 
países do mundo. Cada día se anotaron a un 'país' e os
 
profes contamos unha historia, lenda, conto, biografía...
 
dese país.
 

 
Tamén se realizou a tradicional BÚSQUEDA DO TESOURO, actividade que leva a cabo o equipo de EDLG.
 
Prema neste enlace para poder vela.
 
 

8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 MULLERES RELEVANTES NO MUNDO 

Pasapalabra cos nomes ou apelidos dalgunhas mulleres relevantes no mundo.

 

 
RECOMENDACIÓNS LECTORAS 
 

 

Como se fixo... investigando, buscando información,

lendo...

 

ENTROIDO 2024

A pesar da choiva que tivemos este ano o día de entroido,

Vilariño celebrouno coma todos os anos.

DÍA DA PAZ

Coma todos os anos celebramos un taller de xogos pola paz.

Os nenos e nenas trouxeron xogos das súas casas para

compartilos cos compañeiros/as.

 

25N

 

Conmemoramos o DÍA DA NON VIOLENCIA DE

XÉNERO baixo o lema FLORECE... E CRECE

LIBRE.

Participou todo do cole aportando pétalos con mensaxes de

reivindicación, respecto, e repulsa á violencia.

 

 

 

 

MAGOSTO 2023

En novembro disfrutamos dos novos xogos tradicionais que o equipo fixo para que os nenos e nenas difruten ó longo do curso.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut