Skip to Content

 

     

   

 

     xogade        

 

Os nosos recordos

GRAZAS!

Estimadas familias:

Hoxe remata o curso 19/20, un curso que seguro que nunca esqueceremos pola situación excepcional que nos tocou vivir. Gustaríanos darvos as gracias polo voso esforzo, implicación e adicación durante este tempo. Sabemos que non foi unha situacion doada, en moitos casos moi complicada. Nós, como centro educativo, tentamos axudar na medida das nosas posibilidades e procurar que todo o noso alumnado tivera acceso á educación a distancia, e cremos que o esforzo mereceu a pena. Somos conscientes de que esta modalidade está moi lonxe do significado que ten a educación para nós e todo o que implica, pero non nos quedou outra que adaptarnos ás circunstancias.
Pero a nosa maior admiración vai, sen dúbida, para os vosos fillos e fillas, todo un exemplo de adaptación e esforzo, a pesar de seren os grandes esquecidos desta pandemia.
Agardamos volver a vernos en setembro, nas mellores condicións posibles, e desexámosvos que pasedes unhas boas vacacións de verán.

Un agarimoso saúdo de parte de todo o equipo educativo do cole de Vilariño.

EXPOÑEMOS O NOSO TRABALLO SOBRE PROXECTO 35

XOVES 6 DE ABRIL!

O COLE DE VILARIÑO SE CONVIRTE NUNHA SALA DE EXPOSICIÓNS...

 

ESPERÁMOSTE!

CONSIGUE A TÚA ENTRADA OU INFÓRMANOS DO PASE  AO QUE  PREFIRES ASISTIR!

OS NOSOS NENOS E NENAS ESTARÁN ENCANTADOS DE RECIBIRTE!!!!

 

Comezan os traballos de Lula Goce!

O venres 17 pola noite comezaron os traballos de Lula Goce que darán final a Proxecto 35.

Estades invitados a pasar polo colexio e observar en persoa o traballo que vai desenvolver a artista.

Este traballo xurde a partir das investigacións e ideas aportadas polos nosos nenos e nenas, e vai facerse realidade grazas á participación  das familias, á implicación das empresas da contorna e  a colaboración do Concello de Cambados, personalizada esta institución na persoa de Víctor Caamaño. 

Grazas e disfrutemos desta obra!

Lula Goce

Como xa todos sabedes, estamos traballando para que unha artista de recoñecido prestixio pinte a fachada principal do noso colexio.

Todo o colexio está traballando nesa obra que se baseará en 3 aspectos fundamentais:

  • A figura humana:o alumnado de 1º e 2º curso están a preparar unha exposición de fotos antigas do noso colexio.
  • A historia do noso colexio:os nenos e nenas de 3º, 4º e 6º curso, van elaborar un libro de relatos coas historias que nos veñen contar antigos alumnos e alumnas ao cole. Avós,avoas, nais e pais nos contan historias moi simpáticas e moi emocionantes...
  • A vexetación da nosa zona:os máis pequenos, van elaborar un libro de imaxes coas fotos máis bonitas das árbores do noso precioso patio.
  • Como todo traballo, hai que pagalo, por eso os de 5º curso, coa axuda de todos os nenos do colexio, están a organizar varias actividades para recaudar fondos e poder levar a cabo ese proxecto.

A artista coa que imos colaborar  para pintar a nosa fachada, chámase Lula Goce. Fixo traballos espectaculares por toda España, e vai vir a traballar con nós. Estamos desexando que chegue o día.

Mentres non chega, clica neste enlace para coñecer máis sobre Lula Goce.

 

 

Recollida de tapóns 15/16

Neste curso, e colaborando coa fundación "Amigos de Galicia", a recollida de tapóns está pensada para axudar a:

 

Se queredes coñecer máis sobre as súas historias, clicade neste enlace: 

http://fundacionamigosdegalicia.org/campa%C3%B1as/tap%C3%B3ns/campa%C3%B1a-nen-s-galegos/

Tapóns solidarios

 

 No cole de Vilariño formamos parte dunha campaña solidaria creada pola asociación "Amigos de Galicia" para axudar a dous nenos con problemas: Iria e Alistair. Nestes carteis podedes ler a súa historia.

A nosa maneira de axudar é recolectando tapóns de plástico que despois se intercambian por cartos para que estes dous nenos poidan ter tódolos tratamentos necesarios que precisan para poder levar unha vida mellor.

Así que xa sabedes, se atopades pola casa algún tapón de plástico...traédeo ao cole!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut